1936. Os primeiros días

1936. Os primeiros días

Editorial:
Xerais
EAN:
9788475077604
ISBN:
978-84-7507-760-4
Páginas:
130
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
CRONICA

15,20 €

IVA incluido

Tense dito infinidade de veces que en Galicia non existe a memoria republicana. Que non queda xente de esquerdas que vivise nos te,mpos de Atila en Caliza debuxados coa man sempre fiel á verdade de Castelao. E certo que os fascistas, os falanxistas, os asasinos, despois da guerra civil que aquí non houbo, fixeron todo o posible porque ninguén que fose defensor da República chegase a vello. Pero aínda así, gracias a que soportaron vivir sepultados durante décadas, gracias ó exilio e ó silencio, houbo aínda moitos republicanos que sobreviviron á barbarie fascista. Os que dende logo acordan aqueles tempos, se non morreron na cama, son os propios falanxistas, os colaboradores do réxime, os que viviron á súa sombra e foron en moitos  casos responsables directos ou indirectos dos centos de crimes cometidos, e polos que nunca pagarán perante a xustiza.Estes son os protagonistas do libro 1936, os primeiros días. O equipo de investigación HISTORGA (Historia Oral de Galicia) vén promovendo a recollida de testemuños orais, como fonte principal da reconstrucción de acontecementos históricos e aínda decisivos socialmente na actualidade.Dirixidos polo historiador Marc Wouters, María José V ázquez, Silvia Gómez, Xurxo Pantaleón, José Antonio Pérez, Julio Prada, Xosé Manuel Núñez e Antonio Giráldez procuraron esas voces, esa  memoria, esa verdade sobre os días inmediatos á sublevación militar fascista de 1936 e fixérono en Vigo, Betanzos, A Guarda, Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Seixalbo e Ourense, dando así unha visión de conxunto sobre os dramáticos acontecementos que frustraron o avance das forzas progresistas en Galicia.

Xerais en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • As cantigas de Santa María
    Titulo del libro
    As cantigas de Santa María
    Graña, Bernardino
    Xerais
    Estas cincuenta cantigas son unha selección para facer chegar a un público amplo unha versión libre e actual...
    No disponible

    13,80 €

  • Eu, que matei de melancolía ao pirata Francis Drake
    Titulo del libro
    Eu, que matei de melancolía ao pirata Francis Drake
    Moure, Gonzalo
    Xerais
    A finais do século XVI, despois da derrota da Armada Invencible, Jovino vive diversas aventuras nas que coñec...
    No disponible

    12,15 €

  • Aire negro
    Titulo del libro
    Aire negro
    Fernández Paz, Agustín
    Xerais
    Aire Negro ten como eixe principal unha desacougante historia de terror, que se mestura cunha dobre historia de...
    No disponible

    10,45 €

  • Fahrenheit 451
    Titulo del libro
    Fahrenheit 451
    Bradbury, Ray
    Xerais
    Fahrenheit 451: a temperatura á cal un libro prende lume e arde. Guy Montag é bombeiro. O seu traballo consis...
    No disponible

    13,80 €

  • Maios e desmaios
    Titulo del libro
    Maios e desmaios
    D. Veiga, Ramón
    Xerais
    Na vila onde todas as nenas e nenos teñen nome de flor pasan o ano enteiro esperando a primavera, e danlle a b...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    14,50 €