VIXIADOS - Represión, investigación e vixilancia na Galiza
 IBD

VIXIADOS - Represión, investigación e vixilancia na Galiza

Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484874225
Materia
HISTORIA
ISBN:
978-84-8487-422-5
Páginas:
272
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Colección:
ENSAIO

VIXIADOS
Represión, investigación e vixilancia na Galiza da Guerra Civil (1936-1939)

O caso galego resulta de singular importancia  para abordar os mecanismos de control social tras o verán de 1936. O control das provincias galegas polos militares sublevados poucos días despois do golpe militar do 20 de xullo dotou este territorio -e esta sociedade- dunha especial singularidade. Porque o golpe non rematou en  poucas horas como tiñan previsto na planificación inicial, nin tan sequera en poucas xornadas coa carreira desesperada pola toma de Madrid... Durou mil días, case tres anos. Neste tempo de conflito bélico, Galiza converteuse nun laboratorio para facer medrar un novo modelo político.
Os traballos que conforman este libro están elaborados a partir da documentación galega que sobre o tema se conserva nos arquivos do Estado. A obtención e recollida de información tivo un papel determinante na construción do 'Novo Estado' e do mesmo réxime franquista. Toda a sociedade tiña que estar  baixo sospeita.
A autoconciencia de formar parte desta engrenaxe social, auspiciada e fomentada dende as altas instancias, foi fundamental para entender un xeito de funcionamento tan prolongado no tempo. Cadaquén tiña o seu papel nesta nova sociedade. O modelo non podía ser cuestionado, porque non había outro, non había alternativa.
Téñense escrito moitas liñas sobre o franquismo, mais o propósito que anima este traballo que tedes entre as mans e tentar explicar as orixes do mesmo e responder preguntas como: por que?, como?ou de que xeito?

Materia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Laiovento (ibd) en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • O raposo Renarte e o lobo Grisengrín
     IBD
    Titulo del libro
    O raposo Renarte e o lobo Grisengrín
    Nº 448
    Lison, Richard de
    Laiovento (ibd)
    Tradución, introdución e notas de Herique Harguindey Banet-O raposo Renarte e o lobo Grisengrín (Roman de Re...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    19,95 €

  • Unha corrente salvaxe - e- Historia dunha descoñecida
     IBD
    Titulo del libro
    Unha corrente salvaxe - e- Historia dunha descoñecida
    Raúl Dans
    Laiovento (ibd)
    Pais e fillos, segredos e mentiras, culpa e redención.Nestas dúas obras protagonizadas por mulleres, Dans mer...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    17,95 €

  • De porteiro xoguei eu
     IBD
    Titulo del libro
    De porteiro xoguei eu
    Nº 446
    Lenz, Pedro
    Laiovento (ibd)
    Nos anos oitenta do século XX, nunha vila típica de Suíza, un xonqui a  quen todo o mundo coñece como Porte...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    16,95 €

  • Feijóo. Biografía dun farsante
     IBD
    Titulo del libro
    Feijóo. Biografía dun farsante
    Manuel Monge González
    Laiovento (ibd)
    Difúndese que Alberto Núñez Feijoo é unha persoa de centro dereita, reformista, liberal, dialogante, etc. O...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    24,95 €

  • Lacan en Compostela
     IBD
    Titulo del libro
    Lacan en Compostela
    Manuel Forcadela
    Laiovento (ibd)
    "Este libro podería ser visto como unha tentativa de psicanalizar a cultura galega a través dun dos seus buqu...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    17,95 €