A cabra boba

A cabra boba

Editorial:
Oqo
EAN:
9788498714999
Año de edición:
Materia
LITERATURA INFANTIL: DE 0 A 12 A?OS
ISBN:
978-84-9871-499-9
Páginas:
36
Encuadernación:
TAPA DURA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
250
Alto:
230
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
O

13,50 €

IVA incluido

Despois de a buscar por toda a aldea, Miguel atopou a súa cabra subida  no tellado. "Pensará que é un catavento?, ou unha cheminea?, ou quizais un gato?", preguntábase Miguel. E coa axuda dunhas flores, un libro de contos e unha presada de sal (o sal gústalles ás cabras máis que os xeados aos nenos), a cabra boba regresou ao seu lugar.
 
 
 Cóntanos o autor, lembrando a súa infancia, que nas casas do lugar había dúas ou tres cabras. Polas mañás, cando os nenos ían á escola, levaban as cabras canda eles e deixábanas co cabreiro na praza. O cabreiro ía para o monte e os nenos para a escola.
 
 Ao acabar o día, os cativos recollían as súas cabras -aínda que, algunha volvía soa para o curral. Así, a cabra regresaba co bandullo cheo, preparada para dar leite, e os nenos coa cabeza tamén chea, mais  de cousas que aprenderan na escola.
 
 A cabra boba -ou lista, segundo se mire- deste conto nace do coñecemento e da observación do mundo rural, e constitúe unha fórmula indirecta para se achegar e comprender a cara fantástica da realidade.  A cabra de Miguel xa non está co cabreiro. Se cadra, marchou para o curral... Miguel búscaa por todas partes, e atópaa nun lugar inesperado. A aventura termina dun xeito cómico e sorprendente que desvela a ilustración.
 
 Mediante recursos esenciais da narración oral (onomatopeas, diálogos, repeticións...), Pep Bruno crea unha historia ideal para contárllela aos máis pequenos antes de durmiren. Un conto co texto imprescindible,  e que ten un valioso apoio no poder narrativo da secuencia visual. 
 Roger Olmos preséntanos imaxes con perspectivas moi eficaces para guiaren a acción e asimilarmos conceptos espaciais que marcan o ritmo da narración. Os debuxos, dinámicos e caricaturescos, destilan comicidade e información estimulante para a imaxinación, e converten A  cabra boba nun libro que conecta igualmente con lectores doutras idades.

Otros libros del autor en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Materia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Oqo en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • Petala
    Titulo del libro
    Petala
    Bruno, Pep / Lozano, Luciano
    Oqo
    Un día Pétala vai regar as plantas e descobre que non hai auga. Disposta a coñecer o motivo, voa ata as...
    No disponible

    13,50 €

  • La visita de los domingos
    Titulo del libro
    La visita de los domingos
    Gubellini, Matteo
    Oqo
    ¡Mamá! ¡Los monstruos tenemos que asustar! Los niños sienten atracción por los personajes fantástico...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    15,90 €

  • O tren
    Titulo del libro
    O tren
    SANTIROSI, SILVIA / CARRER CHIARA
    Oqo
    Como podo dicirche que as persoas que amamos morren, nos deixan e se van? Este conto aborda dun modo delic...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    16,00 €

  • A VIAXE DAS BOLBORETAS
    Titulo del libro
    A VIAXE DAS BOLBORETAS
    Carbonell, Paula;Gómez, Chene
    Oqo
    Don Vermiño propuxérase percorrer os cinco metros que separaban a laranxeira do limoeiro. De camiño unh...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    15,90 €

  • Marisela y el pelirrojo
    Titulo del libro
    Marisela y el pelirrojo
    Garcia, Geovanys F. / Letria, Andre
    Oqo
    El amor surgió en el mercado, cuando el pelirrojo le regaló a la princesa una manzanaà Marisela aprovec...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    16,00 €