A memoria de Vilagarcía

A memoria de Vilagarcía

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497820073
Año de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-9782-007-3
Páginas:
120
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
ALBUM DE POSTAIS

9,95 €

IVA incluido

O presente volume, preparado por Carlos Díaz Martínez, recolle máis dun centenar de documentos gráficos, maiormente postais editadas no período de 1900 e 1936 , ademais de fotografías, mapas e marcas filatélicas, sobre a cidade de Vilagarcía. A partir de 1900 e ata aos tempos da IIª República dispoñemos de moi numerosas testemuñas gráficas que utilizan o novo soporte de comunicación gráfica daqueles tempos: a postal de correo. As temáticas presentan unha ampla recompilación do patrimonio monumental e das efemérides da vida urbana, principalmente nas categorías da vida comercial (mercados e transportes e pesca pola ría) e do vigoroso turismo do momento centrado no Balneario e nas praias.
 O presente volume demostra que a Vilagarcía daqueles tempos tiña un lugar preponderante nas grandes series de postais editadas en Madrid ou Barcelona; o gran esforzo de producción que neste eido fixeron fotógrafos e editores locais; así como tamén a importancia da cidade que se reflectía nas postais editadas por empresas de París, Irún ou Berlín. A orixe de todas estas pezas amosa a importancia do porto de Vilagarcía a principios do século XX, tanto para os barcos de pasaxe (inicio do turismo de "cruceiro") ou de emigrantes, así como a calidade de "porto refuxio" da ría de Arousa para as flotas de guerra (en particular da armada Inglesa).
 Iníciase o volume coa reproducción do "Plano da Ría de Arousa", realizado por Domingo Fontán en 1828, e coa reproducción dun gravado do palacio de Vista Alegre de 1879. Continúa cun texto literario, "Vilagarcía, eterna lembranza", onde o escritor vilagarcián Manuel Seixas, evoca a súa Vilagarcía antiga e sempre eterna na memoria, para  dar paso ao discurso gráfico. Dende as primeiras vistas xerais dende a ría ou dende Vista Alegre, o libro propón unha visita pola Vilagarcía tradicional: a casa do Concello e os xardíns de Ravella, a Alameda, a Porta do Sol...son espacios que se recuperan para a memoria  no presente volume.

Materia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • AUTOBIOGRAFÍA DEL ALGODÓN
    Titulo del libro
    AUTOBIOGRAFÍA DEL ALGODÓN
    Nº 00000
    Rivera Garza, Cristina
    Random house
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    19,90 €

  • Set poemes dramàtics
    Titulo del libro
    Set poemes dramàtics
    Xavier Amorós Corbella
    Cossetania edicions
    Els poemes que integren aquest volum són el fruit de la reflexió provocada per l'experiéncia poética d'inte...
    No disponible
  • ORTEGA EN PASADO Y EN FUTURO
    Titulo del libro
    ORTEGA EN PASADO Y EN FUTURO
    AA.VV
    Biblioteca nueva
    No disponible

    20,00 €

  • PREFIGURACIONES + CD
    Antiguo
    Titulo del libro
    PREFIGURACIONES + CD
    JOSé MANUEL CABALLERO BONALD
    Editorial circulo de bellas artes
    PREFIGURACIONES RECOGE LA LECTURA DE POESíA QUE JOSé MANUEL CABALLERO BONALD (JEREZ DE LA FRONTERA, 1926) REA...
    DISPONIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    13,00 €

  • ROMANCERO GITANO
    Antiguo
    Titulo del libro
    ROMANCERO GITANO
    Nº 15
    GARCIA LORCA, FEDERICO
    Espasa-calpe
    DISPONIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    14,74 €

Xerais en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE