A POUTADA DO OSO
 IBD

A POUTADA DO OSO

Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484873723
Año de edición:
Materia
NOVELA
ISBN:
978-84-8487-372-3
Páginas:
304
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Colección:
NARRATIVA

Enxergar é poñer todos os sentidos, mais os da intuición,
 sobre o que nos arrodea: a sensibilidade. Cómpre pois enxergar
 agora o que nestas liñas se nos conta sobre un anaco da
 vida de Iván Marrube: unha terra, un tempo e unha acción.
 Non podía ser doutro xeito, é esta unha homenaxe que Lois
 Diéguez, en plenitude, fai a súa nación, Galiza, á Terra de
 seu. Á Ribeira Sacra con capital en Monforte e a esa aldea a
 cabalo do Courel dos tesos cumes, Salcedo. Por aquí o Oso
 esperta polo Entroido e segue anunciando cada primavera.
 O paso pola Coruña, con outras incursións, incluso a Malí e
 á Tombuctú, capital da nación negada Tuareg, no corazón
 do Sahara. O tempo é o noso, entre un e outro Entroido.
 Na acción os personaxes, como enfermos, arrastran o debate
 entre o rural e o urbano, entre o imperio e a nación, entre o
 humanismo e a mercantilización. E os conseguintes efectos:
 as contradicións, a crise de identidade, a anomía. Gabancioso
 desvarío tras unha publicidade arrodeada de bixuterías, La
 Coruña es Cielo... Guión cinematográfico con luz, sombras,
 policromía, arrecendo a loureiro e tamén a gasóleo urbano,
 cunha inquietante música de fondo, quizais de chirimía, a cabalo da que cabalgamos sobre horizontes de montes e entre
 urbanizacións impersoais en que cada día se acenden, arden
 e apagan os sete pecados capitais. Sabor a filloa e a pizza?
 e detrás de nós, a gadoupa, a sorpresa ancestral da Poutada
 do Oso, o bater da identidade, construída por tradicións,
 pescudas, innovacións, por relacións cun mundo que tamén
 nos zuga, engole, uniformiza e escraviza. Lois Diéguez fende
 tópicos, abre novos vieiros na Galiza das encrucilladas.

Otros libros del autor en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Materia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Laiovento (ibd) en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • SOBRE A POESÍA ÚLTIMA DE MANUEL MARÍA (1976-1995)
     IBD
    Titulo del libro
    SOBRE A POESÍA ÚLTIMA DE MANUEL MARÍA (1976-1995)
    Manuel López Foxo
    Laiovento (ibd)
    Manuel MaríaDespois de don Ramón Otero Pedrayo, a figura máis patriarcal daintelectualidade galega é, sen d...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    10,00 €

  • Álvaro Cunqueiro - O Incerto Señor Don Hanlet
     IBD
    Titulo del libro
    Álvaro Cunqueiro - O Incerto Señor Don Hanlet
    Manuel Castelao Mejuto
    Laiovento (ibd)
    ALVARO CUNQUEIROO Incerto Señor Don Hamlet.Midamos a grandeza do estro de Cunqueiro: confróntase con Shakespe...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    17,00 €

  • Os santos das nacións
     IBD
    Titulo del libro
    Os santos das nacións
    José Carlos Bermejo Barrera
    Laiovento (ibd)
    Título: Os santos das naciónsSubtítulo: Reliquias e lendas de conversión en EuropaO culto das reliquias é ...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    22,95 €

  • O mar e memoria. Expediente Armesto
     IBD
    Titulo del libro
    O mar e memoria. Expediente Armesto
    Francisco Xavier Redondo Abal
    Laiovento (ibd)
    A historia local co seu coñecemento polo miúdo do territorio, das relacións sociais e das personaxes protago...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    14,96 €

  • OS MONOS DE LAXEIRO
     IBD
    Titulo del libro
    OS MONOS DE LAXEIRO
    LAXEIRO - José Otero Abeledo
    Laiovento (ibd)
    O presente volume é unha recompilación exhaustiva da totalidade das viñetas que Laxeiro fixo para a prensa. ...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    17,50 €