A praia dos afogados

A praia dos afogados

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498651805
Año de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-9865-180-5
Páginas:
512
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
135
Alto:
210
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
LITERARIA

20,95 €

IVA incluido

A novela parte dun descubrimento estarrecedor. Unha mañá, o cadáver dun mariñeiro é arrastrado pola marea ata unha praia da vila de Panxón, na ría de Vigo. Se non fose porque ten as mans atadas cunha brida de plástico, Xusto Castelo había ser outro mariñeiro que encontrou a súa tumba entre as ondas mentres pescaba. Sen testemuñas nin rastro da embarcación do finado, o lacónico inspector Leo Caldas mergúllase no ambiente mariñeiro para tratar de clarexar o crime entre  homes e mulleres que recean de desvelar as súas sospeitas e que, cando deciden falar, apuntan nunha dirección insólita de máis. Un caso  difícil para Caldas, que pasa malos momentos: o único irmán do seu pai está enfermo de gravidade e a súa colaboración no programa radiofónico de Onda Vigo estase volvendo cada vez máis inaturable. Tampouco non facilita as cousas o carácter arroutado de Rafael Estévez, o seu axudante aragonés, que non se dá adaptado á retranca e os sobreentendidos dos galegos. Domingo Villar volve introducir o lector nunha intriga sen acougo. Unha pescuda policial que, nesta segunda novela protagonizada polo inspector Leo Caldas, tamén é unha esculca na memoria e nas ilusións fanadas.
 Despois do éxito de Ollos de auga, con máis de 10.000 exemplares vendidos, Domingo Villar preséntanos A praia dos afogados, unha apaixonante novela de intriga que mergulla o lector no mundo da Galicia mariñeira, desde os areais das Rías Baixas á paisaxe urbana e as tabernas da cidade de Vigo.

Otros libros del autor en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • La playa de los ahogados
    Titulo del libro
    La playa de los ahogados
    Villar [Vázquez], Domingo
    Siruela
    «La playa de los ahogados es honda y humana... ¡Perdonen que no evite empujar hacia su lectura!»  ...
    No disponible

    19,90 €

Materia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Galaxia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • De man en man
    Titulo del libro
    De man en man
    Juanolo
    Galaxia
    ¿Que non o cres? Este libriño e as súas estupendas ilustracións vancho  demostrar. ...
    No disponible
  • Prohibido casar, papá!
    Titulo del libro
    Prohibido casar, papá!
    Casalderrey, Fina
    Galaxia
    Elia amósanos o seu mundo interior, con todas as inquedanzas e teimas dunha adolescente. Elia é unha rapaza d...
    No disponible

    9,90 €

  • Á marxe, 1994
    Titulo del libro
    Á marxe, 1994
    Casares, Carlos
    Galaxia
    Poucos escritores lograron como el tal grao de precisión, talento, eficacia, orixinalidade e vontade de estilo...
    No disponible
  • Sempre en Galiza. Escolma
    Titulo del libro
    Sempre en Galiza. Escolma
    Castelao
    Galaxia
    Este pequeno libro contén algunhas das pasaxes máis relevantes de Sempre en Galiza, libro capital do galeguis...
    No disponible

    5,10 €

  • Marcelo o morcego
    Titulo del libro
    Marcelo o morcego
    Fraga Cameán, Beatriz
    Galaxia
    Paseniño, irá poñéndose verde, e verde e máis verde. Unha historia moi  divertida sobre como un morcego po...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    8,50 €