A Princesa está no castelo da Dragona. Valorosos cabaleiros atravesan as montañas para rescatala, pero sorpréndense cando se atopan con que a Princesa está xogando, nadando coa Dragona ou construíndo unha máquina voadora. E ademais ten moi clariño que non quere volver ao castelo co seu pai e seguir sendo unha princesa aburrida cun bonito vestido rosa. Texto gañador da IX edición do Premio de Literatura Infantil Narrating Equality, que promove publicacións libres de estereotipos de xénero.