A rata

A rata

Editorial:
Xerais
EAN:
9788475078878
ISBN:
978-84-7507-887-8
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
NARRATIVA

17,00 €

IVA incluido

A rata é unha novela dura e fascinante na que unha rata nos conta a súa vida cun estilo seco e conciso, sen adornos, intenso e agresivo como a historia mesma. Asistimos ó seu nacemento, ó seu proceso de aprendizaxe, ós primeiros contactos co seu maior inimigo, o home, ás súas loitas pola supervivencia, á súa destreza na arte de matar: a supervivencia é unha loita continua na que ou matas ou morres. E a súa  vida convértese así nun continuo fuxir da morte a través da morte. Percorremos con ela rúas e sumidoiros, de cidade en cidade, sempre pendentes dos múltiples perigos que asexan en cada esquina: cans, gatos, curuxas, trampas e velenos, outras ratas e, sobre todo, o home,  o perigo maior. Pero a medida que a rata vai coñecendo mellor ó home,  vaise dando de conta de que é máis débil do que parece, de que non é tan distinto dela como supoñía: os homes tamén poden ser sucios e crueis como unha rata, tamén matan para comer, mesmo poden chegar a matarse entre eles. E nós, lectores, ímonos dando conta tamén do duro paralelismo que se pode establecer entre o mundo das ratas, tan repugnante e distante, e o noso. Porque a novela non é máis ca unha enorme parábola anunciada xa no prólogo: " Non esquezas, querido lector, que cando describo a vida das ratas dun xeito tan natural e detallado, estou a pensar en ti " .

Xerais en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • Amor de mar
    Titulo del libro
    Amor de mar
    Creus Muñoz, Miquel
    Xerais
    Unha muller moi empoleirada e unha cadela espeluxada atópanse na praia  cun home e o seu cadeliño. A nov...
    No disponible

    6,80 €

  • Curso de lingua galega
    Titulo del libro
    Curso de lingua galega
    Rosales Cereijo, Manuel
    Xerais
    No disponible

    16,50 €

  • Trávelin
    Titulo del libro
    Trávelin
    Piñeiro, Antonio
    Xerais
    Santiago de Compostela, en pleno apoxeo da movida dos oitenta, vibra na noite do xoves. Centos de estudantes un...
    No disponible
  • E ti que farías por min
    Titulo del libro
    E ti que farías por min
    Casalderrey, Fina
    Xerais
    Malta e Marqués viven na rúa. Cada vez cústalles máis atopar comida e teñen que buscar no vertedoiro. Marq...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,50 €

  • Rías Baixas do Salnés
    Titulo del libro
    Rías Baixas do Salnés
    Laredo Verdejo, Xose Luis
    Xerais
    No disponible

    13,60 €