A velocidade do frío

A velocidade do frío

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483020685
ISBN:
978-84-8302-068-5
Páginas:
130
Idioma:
GALEGO
Ancho:
130
Alto:
210
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)
Colección:
NARRATIVA

17,95 €

IVA incluido
Comprar

A velocidade do frío é unha novela feita sen contemplacións, que pode tanto resultarlle aborrecible ó lector nunha primeira aproximación como doada e comprensible, pero dificilmente, en ningún dos casos, vai  provocar indiferencia, porque as súas voces, as voces que se van facendo cargo do relato ó longo das 296 páxinas, sexan as dos protagonistas principais en forma de monólogo interior, ou sexa a do narrador en terceira persoa omnisciente -na segunda parte da novela- resoan todas, como di o propio Seixas, dende un recanto interior, autente, visceral e, dende logo, nada frío.Esta novela foi escrita sen  filtros formais, de xeito que o seu autor aborda unha historia singular, especialmente orixinal, sen preocuparse de cometer excesos nas recorrencias expresivas, procurando o cerne das accións e reflexións dos seus personaxes mesmo a expensas de calquera estilo previsible ou supostamente correcto e decoroso. Aquí vaise ó directo sen miramentos. Aquí nárrase unha historia, que impregna a mente do lector con imaxes ben definidas, aínda que, por suposto, abertas á recreación personalizada.En A velocidade do frío hai moito instinto criminal e polo tanto moita culpa, porque, de partida, os seres humanos viven na frustración, atrapados polas turbias consecuencias do  seu baleiro interior e dos seus impulsos irracionais. Os únicos que non sofren por darlle satisfacción ó seu instinto asasino -maquinal- son o coches, que aparecen nesta novela como seres malignos dotados dunha vontade allea a toda moral. Pero quizais os coches, inimigos dos  seres humanos, non sexan outra cousa que a expresión dun estilo de vida baseado no consumo, na supervivencia individual egoísta e insolidaria, na crúa oposición de intereses materiais, no culto ás aparencias e na falta total de sentimentos.

Otros libros del autor en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Xerais en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • A pantasma de Canterville
    Titulo del libro
    A pantasma de Canterville
    Wilde, Oscar
    Xerais
    A pantasma de Canterville, que lle dá título o volume é, amais dunha historia de pantasmas, un intelixente e...
    No disponible

    7,00 €

  • Segunda convocatoria
    Titulo del libro
    Segunda convocatoria
    Perozo, Xosé A.
    Xerais
    Alberte, tras a morte do pai, pretende construír o argumento dun conto  escrito sen zetas onde se falase do ze...
    No disponible

    16,65 €

  • Triloxía pánica
    Titulo del libro
    Triloxía pánica
    Miranda Ruíz, Xosé
    Xerais
    Xosé Miranda ofrece neste volume tres narracións de terror: "Vestio", "Lambirón" e "A neve e a cadeira". En ...
    No disponible

    6,85 €

  • Pepe e o seu hámster
    Titulo del libro
    Pepe e o seu hámster
    Soler Cobo, Teresa
    Xerais
    Miña nai mercoume un hámster. Corro cara a onde está a gaiola e levo un bo susto. ¿Onde se puido meter?&nbs...
    No disponible

    7,50 €

  • A pedra e as formigas
    Titulo del libro
    A pedra e as formigas
    Fernández Serrano, Jacobo
    Xerais
    Dúas formigas, que paseaban polo campo preto dun escuro bosque, viron na espesura unha pedra grande tapizada d...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    10,50 €