Aprender a convivir

Aprender a convivir

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497824927
Año de edición:
ISBN:
978-84-9782-492-7
Páginas:
152
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
130
Alto:
210
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

12,05 €

IVA incluido

O obxectivo de aprender a convivir forma parte, cando menos de forma implícita, de todo o proceso educativo. Historicamente, ao sistema educativo, xunto coa familia, asignábaselle a aprendizaxe das normas de convivencia elementais para vivir en sociedade. O Informe á UNESCO da Comisión internacional sobre a educación para o século XXI, presidida por Jacques Delors, resalta o de aprender a convivir como un  dos catro piares en que se debe sustentar a educación para o novo século. Aprender a convivir non é só un requirimento formal das nosas leis educativas senón unha necesidade inaprazable de todo proxecto educativo, tanto da familia como do conxunto do sistema educativo, sen  esquecernos dos medios de comunicación social. A aprendizaxe dunha convivencia respectuosa e solidaria é responsabilidade de toda a cidadanía e non só do profesorado. Todos os cidadáns deben achegar o seu grao de area para favorecer unha convivencia positiva nos diferentes ámbitos da vida: familia, escola, traballo, barrio ou cidade. Este libro é froito do programa educativo, promovido pola Concellería de Educación e Muller do Concello de Vigo, co obxectivo de aprender a convivir co conflicto de forma natural e positiva, favorecer hábitos de convivencia democrática nunha sociedade cada vez máis multicultural  e rexeitar a violencia como forma de resolución de conflictos. O autor, Xesús R. Jares, propón, dende unha cultura de paz, unha reflexión en profundidade sobre a problemática actual da convivencia dentro dos centros escolares, así como liñas de actuación educativa, baseadas na participación da comunidade educativa, a mediación e a resolución non-violenta dos conflictos. O volume complétase cun anexo documental onde se inclúe información sobre as características do programa promovido polo Concello de Vigo e os textos completos das declaracións sobre a violencia (Sevilla 1986), o Manifesto 2000 para unha cultura de paz e a non violencia, e da Declaración universal dos dereitos humanos.

Otros libros del autor en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Xerais en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • Todo isto che darei
    Titulo del libro
    Todo isto che darei
    Redondo, Dolores
    Xerais
    Álvaro sofre un accidente na Ribeira Sacra que rematará coa súa vida. Cando Manuel, o seu home, chega a Gali...
    No disponible

    25,95 €

  • Ámbito lingüistico e social 4ºeso 2017
    Titulo del libro
    Ámbito lingüistico e social 4ºeso 2017
    AA.VV
    Xerais
    No disponible

    46,53 €

  • Volvo! o regreso de Usha
    Titulo del libro
    Volvo! o regreso de Usha
    Nº 232
    Reimóndez, María
    Xerais
    Na pequena aldea de Devastana, Usha e as súas amizades regresan das vacacións cos nervios do último curso da...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    12,50 €

  • A batalla de Montevideo
    Titulo del libro
    A batalla de Montevideo
    Alonso Montero, Xesús
    Xerais
    Na vella pugna entre defensores e detractores (ou perseguidores) do galego como lingua funcional culta, a Batal...
    No disponible

    20,95 €

  • Os soños de Miguel
    Titulo del libro
    Os soños de Miguel
    Iglesias Turnes, Manuel
    Xerais
    Miguel é un mozo novo, orfo de nai, que será criado polos avós baixo unha disciplina férrea baseada na auto...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    19,50 €