Ciencias sociais 3 ESO

Ciencias sociais 3 ESO

Editorial:
Baia
EAN:
9788499950020
Año de edición:
Materia
LIBRO DE TEXTO
ISBN:
978-84-9995-002-0
Páginas:
256
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
3 ESO

39,95 €

IVA incluido

Baía Edicións pon no mercado o proxecto de libros de texto e materiais  complementarios para a área de Ciencias Sociais na Educación Secundaria Obrigatoria, do que lles presentamos neste curso o referido  a 3º curso da ESO. As autoras, Ana Brea Pedreira e Ana Romero Masiá, preséntannos uns materiais moi traballados, tanto no seu contido como na aplicación práctica nas aulas, froito da súa longa experiencia no eido educativo.  Destacamos o feito de que todos os materiais foron elaborados polo mesmo grupo de traballo, o que garante a súa unidade e coherencia. A metodoloxía didáctica combina a exposición e explicación causal dos feitos históricos e xeográficos coa aprendizaxe potencialmente significativa do alumnado. Favorece esta recepción a presenza abundante de documentación textual, gráfica e iconográfica, ademais de  elementos como sinalizadores visuais, eixes cronolóxicos e organizadores gráficos presentados en forma de redes conceptuais que facilitan a interrelación dos contidos abordados na unidade temática. As unidades combinan, de forma equilibrada, a exposición e explicación  de contidos conceptuais coa información facilitada polos documentos textuais, as ilustracións, as gráficas, os mapas, de modo que a información facilitada por estas fontes confirma, clarifica, motiva ou  amplía o discurso das autoras. O proxecto que nos ocupa, realizado integramente por autores galegos, incorpora plenamente os aspectos históricos, xeográficos e artísticos relacionados con Galicia no conxunto das unidades temáticas e non de forma illada, resaltando aqueles que merecen tratamento específico pola súa significación. O tratamento pedagóxico do uso da dobre páxina enténdese como unha unidade de contido, e incorpora as cuestións que deben responder as alumnas e alumnos e que facilitan o estudo e a comprensión dos temas propostos. Ao final da unidade van dous apartados: Traballamos con... e Lembra e aplica. Os libros de texto acompáñanse dun cd-rom do desenvolvemento curricular da materia, coa programación anual, na que se indica a correspondencia entre estas e as competencias básicas nas que máis se incide. Inclúense tamén as solucións ás probas de avaliación.

Materia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • Llengua 1. Quadern 2.
    Titulo del libro
    Llengua 1. Quadern 2.
    Cañada González, José Francisco
    Anaya
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    10,23 €

  • ALBANTA 6O.MATEMATICAS
    Titulo del libro
    ALBANTA 6O.MATEMATICAS
    Uriondo González, José Luis
    Alhambra
    No disponible

    20,20 €

  • RUSIA DE YELTSIN, LA
    Titulo del libro
    RUSIA DE YELTSIN, LA
    AA.VV
    Sintesis editorial
    No disponible
  • CUADERN MATEMOLA 2
    Titulo del libro
    CUADERN MATEMOLA 2
    Nº 2
    Escudero Anglès, Neus;Genover Huguet, Roser
    Paraninfo everest
    Matemola es un proyecto con 6 cuadernos orientados a crear una base sólida para el desarrollo del pensamiento ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    8,95 €

  • Nuevo historicismo
    Titulo del libro
    Nuevo historicismo
    Penedo, Antonio / Ponton, Gonzalo
    Arco-libros
    El New Historicism es una de las corrientes de mayor actualidad en el panorama internacional de los estudios li...
    DISPONIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    15,91 €

Baia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE