De provincia a nación

De provincia a nación. Historia do galeguismo político

Editorial:
Xerais
EAN:
9788491218289
Año de edición:
ISBN:
978-84-9121-828-9
Páginas:
1248
Encuadernación:
RUSTICA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
183
Alto:
250
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)
Colección:
XERAIS UNIVERSITARIA

54,95 €

IVA incluido
Comprar

De Provincia a nación. Historia do galeguismo político é unha investigación sistemática da natureza e evolución dos movementos sociopolíticos de reivindicación de Galicia como suxeito político de seu dende as súas primeiras manifestacións individuais no século XVIII  até a actualidade. O tratamento do provincialismo, do rexurdimento e do rexionalismo do século XIX, e máis aínda do nacionalismo galego do século XX, faise cunha profundidade sen precedentes. Para a análise acaída das diferentes dimensións -a ideolóxica, a social, a organizativa, a electoral- e das súas interrelacións, o autor incorpora conceptos e modelos analíticos propios que implican unha notable innovación metodolóxica no eido do estudo do nacionalismo. As maiores novidades neste sentido son a reconstrución das estruturas das  ideoloxías, a caracterización das bases sociais e a técnica aplicada para desvelar e cuantificar a fraude electoral na Segunda República. Ademais, en paralelo coa historia central, vai trazando a da cuestión nacional en España, o que permite ter en conta a incidencia de factores extragalegos e comparar o galeguismo político cos seus análogos doutros territorios do Estado español. Isto unido á consideración da natureza e dos problemas maiores da sociedade galega de cada época, dá as claves para unha explicación convincente das causas do nacemento, persistencia, posibilidades e limitacións do nacionalismo galego. Xa que logo, este libro é unha contribución decisiva para coñecer e entender, por que Galicia ten hoxe unha personalidade política irreversiblemente diferenciada.

Otros libros del autor en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Xerais en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • MANUEL MARIA: VIDA, VERSOS E REBELDIA
    Titulo del libro
    MANUEL MARIA: VIDA, VERSOS E REBELDIA
    VEIGA, MANUEL / LASTRA MURUAIS, XOSE
    Xerais
    Este libro retrata a Manuel María, o home que aspiraba a coñecer a todos os galegos, un a un. Trátase dun re...
    No disponible

    13,50 €

  • Acendede as almenaras
    Titulo del libro
    Acendede as almenaras
    Graña, Bernardino
    Xerais
    Acendede as almenaras é un poemario co que Bernardino Graña grava un testemuño de emoción e vibración ante...
    No disponible

    16,95 €

  • MARX.TEXTOS FILOSOFIA COU XERFIL
    Titulo del libro
    MARX.TEXTOS FILOSOFIA COU XERFIL
    Currais Porrua, Xoan
    Xerais
    No disponible

    4,75 €

  • Axenda dietario
    Titulo del libro
    Axenda dietario
    AA.VV
    Xerais
    No disponible

    16,01 €

  • Galería de saldos
    Titulo del libro
    Galería de saldos
    Nº 395
    Giráldez García, Diego
    Xerais
    En cada un dos relatos de Galería de saldos mestúranse as vidas de personaxes cotiáns, protagonistas de calq...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    19,50 €