Días contados

Días contados

Editorial:
Xerais
EAN:
9788475076096
ISBN:
978-84-7507-609-6
Idioma:
GALEGO
Ancho:
130
Alto:
210
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
NARRATIVA

13,95 €

IVA incluido

Os doce relatos que compoñen Días contados procuran diferentes olladas  sobre arealidade inmediata, maiormente urbana, de xeito que o autor imaxina compatible, coexistente, un mundo real e facilmente nomeable con outros mundos, xa menos definidos ou desdebuxadamente concretos, que se insinúan co sorriso da ironía por cebo.Cid Cabido percorre unha  cidade con rúas e bares e comercios que se chaman coma as rúas e bares e comercios de Vigo, pero que ademais representan calquera espacio urbano, calquera outro labirinto semellante onde a noite facilite a metamorfose necesaria dun contable mentres alguén se ocupa de lavar os contedores do lixo; onde os buzóns poden gardar seres vivos ou converterse na entrada secreta que conduce a outra cidade baixo a cidade; onde os trasteiros dun edificio calquera son como trampas contra a normalidade cotiá; onde a beleza inalcanzable en forma de farmacéutica se pon demasiado a tiro para ser tan simple; ou onde os periódicos anuncian grandes remedios para grandes males urbanos coma o illamento, as carencias afectivas e a soidade máis insoportable.Unha intención parece atravesar estas doce historias: a realidade non é nin moito menos un producto acabado, pode reproducirse  por abandono ou perfeccionarse ata o límite en que xa non conserva un  só elemento tranquilizador. Pero a realidade merece ser sospeitada dende esa constante desviación de si mesma.

Otros libros del autor en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • Panificadora
    Titulo del libro
    Panificadora
    Cid Cabido, Xosé
    Xerais
    No disponible

    14,35 €

  • Blúmsdei
    Titulo del libro
    Blúmsdei
    Cid Cabido, Xosé
    Xerais
    O autor narra, en tempo real de escritura, durante once días, os acontecementos nos que participou na xornada ...
    No disponible
  • O CAMIÑO DE MIDDELHARNIS
    Titulo del libro
    O CAMIÑO DE MIDDELHARNIS
    CID CABIDO, XOSE
    Edicions xerais de galicia
    No disponible

    11,00 €

  • Oralmente por la boca
    Titulo del libro
    Oralmente por la boca
    Cid Cabido, Xosé
    Faktoria k de libros
    Esta carta le ha sido enviada para traerle suerte. El ori ginal se encuentra en Nueva Inglaterra. Ha dado tres ...
    No disponible

    17,00 €

  • Copenhague
    Titulo del libro
    Copenhague
    VILA, ANDRES A. / CID CABIDO, XOSE
    Xerais
    No disponible

    6,45 €

Xerais en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • Lorenzo Varela. Vida e obra
    Titulo del libro
    Lorenzo Varela. Vida e obra
    Bernárdez, Carlos L.
    Xerais
    No disponible

    10,25 €

  • (G).(10).PAPELIÑOS 3 ANOS-1O.TRIM.*GALEGO*
    Titulo del libro
    (G).(10).PAPELIÑOS 3 ANOS-1O.TRIM.*GALEGO*
    Campuzano Valiente, María Dolores
    Xerais
    No disponible

    32,80 €

  • Brandón, fillo de Ferreol
    Titulo del libro
    Brandón, fillo de Ferreol
    González Boullosa, Palmira
    Xerais
    Esta novela, a segunda dunha triloxia, estructúrase en dúas partes. Na  primeira, coñecémo-la historia de F...
    No disponible

    8,90 €

  • Lingua de calidade
    Titulo del libro
    Lingua de calidade
    Freixeiro Mato, Xosé Ramón
    Xerais
    Lingua de calidade do profesor Xosé Ramón Freixeiro Mato pretende dar algunhas receitas para determos o proce...
    No disponible
  • Cancela aberta
    Titulo del libro
    Cancela aberta
    Neira Vilas, Xosé
    Xerais
    Traspoñer esta cancela é coma acceder a unha feira na que hai de case todo; é coma entrar nun mundo de notic...
    No disponible

    18,30 €