Entre Donas

Entre Donas

Editorial:
Baia
EAN:
9788499953427
Año de edición:
Materia
NARRATIVA
ISBN:
978-84-9995-342-7
Páginas:
208
Encuadernación:
RUSTICA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
143
Alto:
210
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
Baía Narrativa

Temos nesta obra dez relatos doutras tantas escritoras galegas actuais, diversas en estilo narrativo, experiencias, recoñecemento e noutros moitos aspectos vitais, pero que coinciden en tomar a palabra e falar con voz propia, colocando as mulleres no centro da historia.
 
 En palabras recollidas do Epílogo de Ana Luisa Bouza:
 ?Non hai que confundir a realidade co desexo dos homes?, recoméndanos un dos relatos desta obra colectiva. Non hai que confundir a literatura coa ollada masculina. A simple acción de escribir, de pasar  de lectora a autora, de decorado a protagonista, cambia a literatura porque cambia o punto de vista. Mais este cambio faise radical cando a  escrita é feminista. Se ollamos alén da aparente banalidade da escrita de ficción, podémonos facer unha idea da importancia do ?relato dos relatos? na socialización, na construción, destrución e cambio de estereotipos de toda caste, incluídos os de xénero.
 [...]
 Algúns modelos e relatos alternativos que se nos ofrecen dende a produción cultural, optan pola vía do cambio cuantitativo, expoñendo gran cantidade de exemplos que mostran opcións diferentes de comportamentos, coa pretensión (máis ou menos consciente) de provocar un efecto acumulativo, que vaia reforzando novas sinapses e debilitando as antigas de maneira que se adopten comportamentos máis adecuados ás demandas dos novos escenarios e situacións. Outros modelos procuran a vía cualitativa do cambio, contradicindo de maneira  dramática o estereotipo tradicional, para que mude de golpe a nosa visión do que debe ser e do que pode ser. E que ese cambio sexa permanente.
 As escritoras dos relatos desta obra colectiva, atopan eses escenarios  e historias propicios a contradicir os argumentos da dominación. Algunhas re-visitando vellas historias dende a ollada feminina, outras  re-significando os arquetipos clásicos, cunha nova explicación [...].  Usan a ironía como arma de combate simbólico [...].

Otros libros del autor en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Materia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Baia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • A fuxida
    Titulo del libro
    A fuxida
    Rey Vázquez, Cristina
    Baia
    Obra finalista, orixinalmente titulada Letras azuis sobre formigón gris, do V Premio de Novela Vilar Ponte do ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,50 €

  • DISTANCIAS...
    Titulo del libro
    DISTANCIAS...
    Nº 21
    Yáñez, Paco
    Baia
    Primeira novela de Paco Yáñez, ...distancias... é un camiño aberto ao noso propio corazón a través do per...
    No disponible
  • O CASTIÑEIRO DO APALPADOR
    Titulo del libro
    O CASTIÑEIRO DO APALPADOR
    Inacio
    Baia
    Cal é a orixe do Apalpador? Por que un carboeiro do Courel decidiu dedicar a súa vida a sorprender  cada...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    10,40 €

  • CATRO PEDRAS VELLAS
    Titulo del libro
    CATRO PEDRAS VELLAS
    Tobaruela, Pere
    Baia
    Na bisbarra de Vilar de Abade hai un castro rodeado de toxeiras, coma moitos outros, e coma moitos outros é di...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    11,06 €

  • Norocai
    Titulo del libro
    Norocai
    Nº 3
    Paz, Begoña
    Baia
    Pechade os ollos e imaxinade un tempo remoto, perdido na memoria dos astros, no que o mar lle declarou a guerra...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    10,40 €