Fábula de Aves
 IBD

Fábula de Aves

Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484874638
Materia
POESIA
ISBN:
978-84-8487-463-8
Páginas:
130
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Colección:
VENTOALTO

SINOPSE:

"Lingua morta, lingua estranxeira a que usan filósofos e poetas, tal como lemos na cita de Giorgio Agabem que encabeza a Fábula das aves. Moi viva e próxima, porén, a voz do vitalista escéptico a quen nomeamos Manuel Forcadela, entregado con paixón á luz do paradoxo, ao fulgor da dúbida. Os seus poemas interpretan con estilo moi natural os seus propios acenos e movementos  e os diversos rexistros do seu pensamento e das súas emocións. Os ámbitos da evocación nostálxica, o pracer de certa sensorialidade decadente, a música antiga do alexandrino pautado en rigorosa distribución de pés métricos, os diálogos que equilibran acentos coloquiais e reflexión transcendente, entre outras constantes da súa poética, tensan como nunca os seus instrumentos de precisión no relato  desta Fábula das aves, que é a fábula da vida de Manuel Forcadela.
A vida," esa mestura / da forza da vontade / e do poder do azar" constitúe a materia central da Fábula das aves, cuxo magnífico voo discursivo se resolve con frecuencia en formatos de sátira elegante. Así nos momentos en que o autor escolle a voz desmitificadora da poesía e dos poetas mozos, autores de "poemas por sempre inesquecibles / que xa ninguén recorda". Manuel Forcadela, sabio en artes de paixón escéptica, é consciente, porén, do permanente  efecto transformador do poema, cuxo sentido simbólico "non substitúe o real senón que o incrementa", tal como se verifica na lectura da Fábula das aves, alta música de pensamento e linguaxe."
Xosé Mª Ávarez Cácamo

Otros libros del autor en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Materia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Laiovento (ibd) en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • Retratos en fite
     IBD
    Titulo del libro
    Retratos en fite
    Xosé Manuel Beiras Torrado
    Laiovento (ibd)
    "Este volume que rotulei como Retratos en fite -nunha chiscadela aos deliciosos Retratos de esguello do ademira...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    17,95 €

  • NOVO TEATRO FANTASTICO
     IBD
    Titulo del libro
    NOVO TEATRO FANTASTICO
    LOURENZO, MANUEL
    Laiovento (ibd)
    Titúlase este tomo NOVO TEATRO FANTASTICO por ser, en certa maneira, continuador daquel FORNO DE TEATRO FANTAS...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    16,00 €

  • A cuestión política na persoa e no pensamento de Martin He
     IBD
    Titulo del libro
    A cuestión política na persoa e no pensamento de Martin He
    Xesús Vázquez Méndez
    Laiovento (ibd)
    A cuestión política na persoa e no pensamentode Martin HeideggerAutor: Xesús Vázquez MéndezSe un escoita a...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    17,95 €

  • Voz e Silencio
     IBD
    Titulo del libro
    Voz e Silencio
    Nº 381
    Salinas Portugal, Francisco
    Laiovento (ibd)
    Voz e silencio? non chegou a ser revisado por Carvalho, ao ser tamén obra póstuma. Publicado en 1991 e a...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    14,96 €

  • CINCUENTA DÉCIMAS CONTRA DON DIEGO ZERNADAS
     IBD
    Titulo del libro
    CINCUENTA DÉCIMAS CONTRA DON DIEGO ZERNADAS
    Xosé A. Fernández Salgado
    Laiovento (ibd)
    CINCUENTA DÉCIMAS CONTRA DON DIEGO ZERNADAS.Edición e estudo dun novo texto en galego do século XVIII.Neste ...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    18,60 €