Historias para calquera lugar

Historias para calquera lugar

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483026267
Materia
LITERATURA INFANTIL: DE 0 A 12 A?OS
ISBN:
978-84-8302-626-7
Páginas:
224
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
MERLIN 11 ANOS

11,35 €

IVA incluido

Historias para calquera lugar é o libro colectivo co que a colección Merlín celebra a publicación do seu número 100. Cinco relatos, ilustrados por Miguelanxo Prado, onde se mesturan a intriga, o humor e  a emoción; historias que atrapan sen remedio a atención de quen as le.An Alfaya escribiu "A muller prohibida", un emocionante conto de iniciación e recuperación da memoria. Mentres camiñan descalzos polo areal, o narrador adolescente escoita engaiolado o seu padriño, o relato de como viviu os tempos de Franco e a experiencia dolorosa do seu amor prohibido.Ramón Caride escribiu "A primeira aventura de Sheila e Said", que nos sitúa na fronteira entre os desertos do erg e do reg, nos primeiros anos de vida de Sheila e Said, na compaña dos seus pais, Hazid e María, e do seu avó Xan. Un trepidante relato da mellor ciencia ficción ecolóxica e solidaria.Agustín Fernández Paz escribiu "As sombras do faro", un estremecedor relato de terror e intriga, coa presencia das sombras do pasado. O narrador recupera a súa memoria de iniciación adolescente en Pontebranca. Rememora as súas  viaxes en bicicleta para explorar a vila e os seus arredores, e a fascinación que sentían por visita-lo outeiro do faro, onde non vai nunca ninguén.Xabier P. Docampo escribiu "Do que lle aconteceu a Silvano a consecuencia de caer dunha cerdeira", un conto cheo de humor. A Silvano mudoulle a vida cando caeu da cerdeira; conmocionado polo golpe, dende entón farfallaba unha lingua que non entendía ninguén. Silvano era un neno simpático, para todos tiña algunha palabra amable que dicía con cara de risa, magoa que ninguén o entendera.Miguel Vázquez Freire escribiu "A secta do can", un relato de ciencia ficción e intriga. Ax debe localizar, neutralizar e, se fose preciso, destruír á Secta do Can, un grupo de natureza descoñecida que intervén de forma reiterada en pantallas públicas e privadas, mediante mensaxes agresivas e disolventes, manifestamente contrarias á Orde Unica Universal.

Materia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • High school musical 2
    Titulo del libro
    High school musical 2
    AA.VV
    Panini fondo
    No disponible

    10,20 €

  • La parejita
    Titulo del libro
    La parejita
    Fontdevila, Manel
    El jueves ediciones
    No disponible

    15,00 €

  • La cenicienta
    Titulo del libro
    La cenicienta
    Grim, Wilhelm y jacob
    Nordica libros
    La Cenicienta es un cuento de hadas folclórico que cuenta con varias versiones, orales y escritas, antiguas y ...
    No disponible
  • Pop-up
    Titulo del libro
    Pop-up
    Wickings, Ruth
    Macmillan
    No disponible

    11,90 €

  • El otro techo del mundo
    Titulo del libro
    El otro techo del mundo
    Krahn Uribe, Fernanda
    Edebe
    No disponible

    6,95 €

Xerais en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE