O camiño de Fisterra

O camiño de Fisterra

Editorial:
Xerais
EAN:
9788475077345
Materia
NATURALEZA
ISBN:
978-84-7507-734-5
Idioma:
GALEGO
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
MONTES E FONTES GUIAS NATUREZA

43,80 €

IVA incluido

Bordón, sombreiro de ás anchas, zurrón de pel de cervo, cabaza para a bebida e cuncha ó peíto, os peregrinos xacobeos adoitaban proseguir a súa viaxe trala Vía Láctea, polo antigo Camiño Real, na procura fascinante da temible fin do mundo, a Fisterra Atlántica onde todo remataba.Era o camiño que conducía ó punto máis extremo do mundo occidental, alí onde se cruza a tradición pagana coas crenzas dos primeiros monxes cristiáns. O éncontro animista presente en San Andrés  de Teixido e a fantasía do home que quere descubrir como o sol cae ó mar e ó lume que xorde da auga. O espírito, entre curioso, aventureiro  e piadoso do peregrino medieval, que uníversalizou as terras de Galicia e Compostela coa súa tradición oral e a súa cultura e que levou o nome desta terra polo mundo adiante. E ata hoxe, o Camiño de Fisterra perdurou no espacio e na memoria.O Camiño de Fisterra é a crónica da reconstrucción deste percorrido. O autor, Fernando Alonso Romero, profesor da Universidade de Santiago e especialista en etnografía e arqueoloxía naval; esculcóu nas razóns máis fondas que levaban ós peregrinos nesta percura do fin do mundo. O encontro co aventura humána, a procura de novos horizontes, a ilusión de seguí-lo sendeiro da Vía Láctea, pola rota do sol que conduce ata Fisterra.Fernando Alonso propón ó lector, tamén o camiñante, un itinerario que reconstruíu, dividido en catro xornadas ou tramos para realizar a pé. Itinerario que transcorre desde Santiago, Roxos, Augapesada, Negreira, Zas, Maroñas, Hospital, Cee, Corcubión ata Fisterra.Un libro multilinüe, que ademais da galega, inclúe versións completas en castelán e inglés, complementado coas fotografías da autoría de Xoán Vilar Cardona. Un fermoso libro para ler e camiñar na procura do fin do mundo.

Otros libros del autor en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Materia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Xerais en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • AS PERIPECIAS DE EXTRAVAGANZZA PéREZ
    Titulo del libro
    AS PERIPECIAS DE EXTRAVAGANZZA PéREZ
    Nº 66
    Costas, Ledicia
    Xerais
    Extravanganzza Pérez vive nunha casa que semella un zoolóxico. Os seus  pais son dous biólogos de moita sona...
    No disponible
  • Entre o si e o non
    Titulo del libro
    Entre o si e o non
    Franco Grande, X. L. / Araguas, Vicente, Com.
    Xerais
    No disponible

    9,20 €

  • Estudio en escarlata
    Titulo del libro
    Estudio en escarlata
    Conan Doyle, Arthur
    Xerais
    No disponible

    8,15 €

  • Estirpe
    Titulo del libro
    Estirpe
    Méndez Ferrín, X. L.
    Xerais
    E a poesía que afunda as súas raíces na terra a que explica, marca, expresa, canta e reclama as nosas difere...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    25,95 €

  • INTRODUCCIÓN AS RELATIVIDADES DE EINSTEIN
    Titulo del libro
    INTRODUCCIÓN AS RELATIVIDADES DE EINSTEIN
    Nº 4
    Vilalta López, Ramón
    Xerais
    É posíbel viaxar no tempo? Podemos ordenar absolutamente todo o que observamos nun pasado, presente e futuro?...
    No disponible