O Estatuto de Galicia

O Estatuto de Galicia. 20 anos de parlamento e xustiza constitucionais

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483029756
ISBN:
978-84-8302-975-6
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
UNIVERSITARIA

33,25 €

IVA incluido

"O Estatuto de Galicia. 20 anos de parlamento e xustiza constitucionais" é unha obra que pon ó día a praxe autonómica galega. Parte da teoría estatutaria de 1981 e analiza polo miúdo a interpretación que o Tribunal Constitucional dá na súa xurisprudencia dos ámbitos de actuación dos poderes públicos galegos. O autor, Xosé Antón Sarmiento Méndez, letrado do Parlamento de Galicia, presenta, seguindo a sistemática do texto do "Estatuto de Galicia", un percorrido detallado de toda a normativa (legal e regulamentaria) que o desenvolve, e achega unha escolma bibliográfica de grande utilidade.  Trátase dun libro que proporciona unha información exhaustiva sintetizada dun xeito sistemático que procura facilita-la comprensión e aplicación do ordenamento xurídico de Galicia e a conflictividade entre o Estado e a Xunta de Galicia dende 1981 a 2003, presentando pois evidente interese para os que se aproximen á experiencia autonómica galega, tanto dende unha perspectiva estrictamente xurídica  como dende a análise politolóxica.Este tratado pon sobre a mesa problemas de grande actualidade como o do rendemento institucional dos  poderes públicos autonómicos, necesidade de reforma do texto estatutario versus novas fórmulas federais ou confederais, os límites da autonomía galega ou o papel do Tribunal Constitucional como supremo  intérprete da Constitución e, en xeral, do que denomina "bloque de constitucionalidade". O libro vai precedido dunha presentación de Aurelio Miras Portugal, actual Conselleiro de Emigración da Xunta de Galicia, que sinala "a calidade e densidade dunha magnífica obra xurídica, que agocha todo un contido humano".

Otros libros del autor en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Xerais en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • Tras do Ceo
    Titulo del libro
    Tras do Ceo
    Rivas, Manuel
    Xerais
    Unha cuadrilla de cazadores, urbanos e con relacións de amizade e negocios, participa nunha batida na que o ob...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    19,95 €

  • Medo político e control social na retagarda franquista
    Titulo del libro
    Medo político e control social na retagarda franquista
    Martínez Pereda, Lucio
    Xerais
    Medo político e control social na retagarda franquista excede as formulacións cuantificadoras habituais nos t...
    No disponible
  • Canon de alcoba
    Titulo del libro
    Canon de alcoba
    Mercado, Tununa
    Xerais
    A obra de Tununa Mercado ofrece unha escritura feminina e singular. Os  seus textos caracterízanse pola levida...
    No disponible

    8,60 €

  • FILOSOFIA 1º.LOGSE II.QUE PODEMOS COÑECER?
    Titulo del libro
    FILOSOFIA 1º.LOGSE II.QUE PODEMOS COÑECER?
    Calviño Pueyo, Xosé / García Castro, Xesús Enrique / Garea Traba, Alicia Eva
    Xerais
    No disponible

    10,70 €

  • Lara e Sabela
    Titulo del libro
    Lara e Sabela
    Nº 465
    Vidal Portabales, Ignacio
    Xerais
    Sabela, propietaria dunha galería de arte, desfruta facendo de modelo para Lara, unha das súas artistas. Namo...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    19,50 €