O frade das dúas almas

O frade das dúas almas

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498652109
Año de edición:
Materia
NARRATIVA
ISBN:
978-84-9865-210-9
Páginas:
226
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
LETRAS GALEGAS

19,00 €

IVA incluido

Recuperación dunha das novelas que ía publicar a Editorial Nós de Anxel Casal, e finalmente quedou inédita debido á Guerra Civil.A novela O frade das dúas almas, que publica Editorial Galaxia na colección Letras Galegas, ía ser editada por Anxel Casal en Nós xusto cando comezou a sublevación do xeneral Franco contra a República. Pódese dicir, collendo emprestadas as verbas de Manuel Rivas, que a novela de Xosé Tobío Mayo é, daquela, un dos libros que "ardeu mal". Despois de 73 anos, e grazas á iniciativa do poeta Víctor Campio Pereira, testamentario literario do autor, a novela ve a luz nunha coidada edición a cargo de Teresa López e Xoán López Viñas, profesores  da Universidade da Coruña.Xosé Tobío Mayo é, na historia da literatura galega, o autor de Espiñas (1941), poemario publicado en Buenos Aires con cuberta de Castelao. A parte da súa personalidade literaria, hai que destacar en Xosé Tobío Mayo o compromiso social e político e unha traxectoria persoal que, máis aló do testemuño individual, representa a de moitos homes e mulleres da súa xeración, en certo sentido aínda pendente de ser integrada na nosa memoria colectiva.En 1936, cando O frade das dúas almas está pronta para a publicación, o seu autor ten 45 anos, trátase logo dunha obra de madureza. A novela xéstase na Galiza dos anos trinta, na Galiza de Anxel Casal, en cuxa editorial Nós estaba previsto que fose publicada.  Trátase dunha novela de iniciación ou aprendizaxe na que se narra a infancia do protagonista, Leliño, e dos seus compañeiros de estudos, Mingos e Manuel. As probas a que son sometidos, a súa iniciación amorosa, a crise vital que se manifesta como crise de fe, son algúns dos fitos desa aprendizaxe. Na novela ten unha importancia especial a cultura popular, das cantigas á literatura oral, e elementos doutros xéneros que contribúen á diversificación do seu discurso narrativo.

Materia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • EL JARAMA
    Titulo del libro
    EL JARAMA
    Sánchez Ferlosio, Rafael
    Debolsillo
    Edición escolar de uno de los hitos fundamentales de la literatura española del siglo XX: El Jarama.«Un libr...
    No disponible
  • Caza al amanecer
    Titulo del libro
    Caza al amanecer
    Nº 492
    Bouman, Tom
    Siruela
    EL LADO MÁS OSCURO DEL SUEÑO AMERICANO   «Una novela extraordinariamente inteligente, marcada por ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    26,00 €

  • Espejo de las almas simples
    Titulo del libro
    Espejo de las almas simples
    Nº 21
    Porete, Margarita
    Siruela
    «Antes de enfrentarme a un juicio por herejía en la Edad Media, yo habría dejado de escribir. Pero Margarita...
    No disponible
  • QUE HOSTIA DIN OS RUMOROSOS?
    Titulo del libro
    QUE HOSTIA DIN OS RUMOROSOS?
    AA.VV
    Elvira editorial
    No disponible

    35,00 €

  • TIEMPO DE PROMESAS
    Titulo del libro
    TIEMPO DE PROMESAS
    GARQUíN, ELENA
    Pamies editorial
    No disponible

    5,95 €

Galaxia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE