O home de pau

O home de pau

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483023570
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-8302-357-0
Páginas:
104
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
NARRATIVA

14,00 €

IVA incluido

Xosé Neira Vilas, escritor de recoñecido prestixio, dende que en 1961 publicara Memorias dun neno labrego, e autor dunha extensa obra literaria que abrangue dende a prosa narrativa, a poesía, a outros textos de investigación ou testemuña, incorpórase ó catálogo da colección "Narrativa" de Xerais cun fermoso libro de relatos O home de  pau. Os quince contos que compoñen O home de pau ("O home de pau", "Coches", "Unto", "Casa", "O parvo", "Alameda", "O xigante Med", "Folga", "Papeis", "Babel S.A.", "Fumes", "Decibelios", "Cadelandia", "Anuncios" e "Reloxos") foron escritos ó longo do ano 1988 en La Habana cando Xosé Neira Vilas era xefe de redacción da revista infantil Zunzún. Foron reescritas en Galicia, no inverno de 1993 e recuperados na súa versión definitiva no comezo do presente ano.A pretensión de Neira Vilas con tales fabulacións é reflexionar sobre o previsible destino das cidades actuais e das xentes que nelas moran. Quince historias urbanas, que son outras tantas alegorías sobre algunhas das eivas crónicas que padecen tódalas cidades do noso tempo.  Cidades concibidas como labirintos de arames, signos, letreiros, fochas e moreas de entullo entre os que resoan frenlas de motores, bruídos de camións-matafogos e dos outros, laios de lixeiros coches policias, ou de ambulancias que roñan agoirentas para gañarlle unha carreira á morte. Cidades nas que viven homes de pau, chantados na esquina de entrerrúas, vendo e non vendo todo o que acontece. Cidades que medran ceo arriba e beira a beira, con tropezos e miserias eito, nas que cadaquén vai ocupando a súa cova, o seu tobo. Cidades nas que foron a menos o aire e a luz e a ledicia de vivir.A súa complexa brevidade, a prosa limpa e depurada, a investigación léxica sorprendente, o experimentalismo alegórico na construcción das tramas,  apoiado no expresionismo das magníficas ilustracións de Siro López, fan de O home de pau, unha das máis orixinais e valiosas aportacións dun dos clásicos da narrativa galega.

Otros libros del autor en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Materia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • La huella del conejo : La saga del conejo
    Titulo del libro
    La huella del conejo : La saga del conejo
    Meza, Julian
    Fondo cultura economica (fce)
    Gracias a un pleno dominio de la creación de ficción, en estas dos novelas, el narrador redibuja a los protag...
    No disponible
  • Contos de viaxe
    Titulo del libro
    Contos de viaxe
    López Cobas, Amadeu
    Toxosoutos, s.l.
    No disponible
  • ECOS
    Titulo del libro
    ECOS
    MAIA, VERA CARVALHO
    Zefiro ediÇoes
    A abrir com versos de longa data, traçados ainda adolescente, num primeiro contacto com a escrita do sentir, s...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    11,77 €

  • Espíritu cromático
     IBD
    Titulo del libro
    Espíritu cromático
    Milagros H. Alonso
    Difundia
    La esencia que se ha manifestado en el espíritu familiar ha sido siempre a través de las luces del arte en su...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    16,90 €

  • Politica De La Libertad
    Titulo del libro
    Politica De La Libertad
    De La Nuez
    Union editorial
    F.A. Hayek (1899-1992), el celebre economista austriaco, fue tambien un brillante y original pensador politico,...
    No disponible

Xerais en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE