O vixía no centeo

O vixía no centeo

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497824941
Año de edición:
ISBN:
978-84-9782-494-1
Páginas:
224
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
130
Alto:
210
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)
Colección:
FORA DE XOGO

13,95 €

IVA incluido
Comprar

Holden Caulfield, coñecendo que vai ser expulsado da escola, decide deixala antes. Pasa tres días na cidade de Nova York e conta a historia do que fixo e sufriu. Narrada moi subxectivamente (o protagonista fai valoracións de todo canto relata), utilizando unha linguaxe propia da mocidade e facendo unhas análises da realidade mediatizadas pola peculiar personalidade do protagonista, a través do relato asistimos á fuxida cara adiante de Holden quen expulsado do seu  elitista colexio, decide marcharse de alí e deambula polas rúas de Nova York queimando un tras outro os seus recursos de subsistencia. Personalidade nerviosa e sensible, Holden, na transición da adolescencia á madurez, enfróntase no decurso dunhas poucas horas cos grandes temas que preocupan a tódolos mozos: o seu lugar na sociedade,  os valores que se afianzan e se desbotan, a actitude fronte á morte, o amor e outros sentimentos que suscita, a amizade, a iniciación ó sexo..., contado todo con humor e unha extraordinaria intensidade narrativa, nun maxistral relato en primeira persoa. Holden Caulfield é, dende 1951, ano da publicación de O vixía no centeo, o sinónimo de adolescente inconformista, o símbolo da autoafirmación do individuo fronte a un medio hostil. Neses tres días, nos que cronoloxicamente se  desenvolve a novela, Holden enfróntase ás súas propias contradiccións  e ó imperioso desexo de fuxida. Fuxir do mundo que lle agarda ó medrar, como se nese fuxir a única saída fose inmobilizar o tempo. O vixía no centeo (The catcher in the rye) está considerada como un dos clásicos da literatura norteamericana contemporánea. Centos de miles de estudiantes de todo o mundo descobren cada ano o pracer da literatura da man do escritor norteamericano J. D. Salinger.

Otros libros del autor en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Xerais en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • Materia
    Titulo del libro
    Materia
    López Dobao, Xosé Antón
    Xerais
    O ser humano e a materia confúndense ata tal dimensión que por veces o  individuo imaxina sentir que se dista...
    No disponible

    16,95 €

  • Os materiais curriculares en Galicia
    Titulo del libro
    Os materiais curriculares en Galicia
    Rodríguez Rodríguez, Jesús
    Xerais
    Os materias curriculares en Galicia é froito dunha investigación do profesor Xesús Rodríguez Rodríguez que...
    No disponible

    24,75 €

  • Ulcis
    Titulo del libro
    Ulcis
    Fernández Ferreiro, Xosé
    Xerais
    Xosé Fernández Ferreiro comezou a deseñar o personaxe de "Ulcis" entre  1958 e 1963 e traballou nel ao longo...
    No disponible
  • A avoa de Rosa
    Titulo del libro
    A avoa de Rosa
    Lluch Girbés, Enric
    Xerais
    A avoa de Rosa é moi velliña e sabe contar historias moi lindas. A nova colección "Paseniño" de Xerais, des...
    No disponible

    6,80 €

  • O tempo das palabras en voz baixa
    Titulo del libro
    O tempo das palabras en voz baixa
    Grobéty, Anne-Lise
    Xerais
    Oscar e o heroe desta historia son verdadeiros amigos; como tamén o son os seus pais, amigos desde sempre, ama...
    No disponible

    9,20 €