O VOLFRAMIO EN VARILONGO

O VOLFRAMIO EN VARILONGO. Santa Comba de Xallas 1941-1963

Editorial:
Xerais
EAN:
9788499149912
Año de edición:
Materia
HISTORIA
ISBN:
978-84-9914-991-2
Páginas:
152
Encuadernación:
RUSTICA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
145
Alto:
220
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
MEMORIA

19,50 €

IVA incluido

O volframio, ese sorprendente ouro negro que tantas cobizas, fortunas e soños moveu nos anos da Segunda Guerra Mundial, é o protagonista desta maxistral monografía sociopolítica (e aínda máis) da escritora Carmen Blanco Ramos. Ela mora en Santa Comba de Xallas, ao pé das farturentas minas de Varilongo, e alí entrevistou a varias persoas que, dun xeito ou doutro, tiveron que ver co "mineral" que, no seu día, mudou na comarca, nos anos de esplendor, fortunas, costumes, actitudes... A febre e o gaño deste ouro negro mesmo suscitou versos ó  xeito popular, como as "cantareas" recollidas nun capítulo deste libro.
 É o ouro que disputaban, felinamente, axentes dos nazis e axentes dos aliados para perfeccionaren as súas terribles armas de guerra. Disputas nas que, en ocasións, atopamos empresarios, traballadores ben  pagos e veciños que andaban "á roubeta" perseguidos pola Garda Civil.  Alá no fondo, movendo algúns dos fíos do negocio, xentes moi vinculadas a Franco, como o seu cuñado Ramón Serrano Suñer (ex-ministro), o capitalista Ildefonso Fierro ou o pai de Cristóbal Martínez Bordiu.
 Entre os que gañaron o pan nas minas de Varilongo está unha familia ilustre, honrada e castigada: os Liste (seis membros) da parroquia de Calo, con Eduardo Liste Forján á cabeza, irmán de Enrique Líster, o heroico capitán das milicias republicanas.
 Esta é a primeira monografía sobre o tecido sociopolítico do volframio  galego, que tantas cobizas enfrontou e tantos hábitos mudou noutras partes de Galicia, desde as ricas minas de Silleda ós pequenos filóns de San Paio de Ventosela, nas terras de Ribadavia.
 Xesús Alonso Montero

Materia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Xerais en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • OS GRITOS DAS ILLAS LOBEIRAS
    Titulo del libro
    OS GRITOS DAS ILLAS LOBEIRAS
    Nº 74
    Cortizas, Antón
    Xerais
    Lino sufriu un ataque de poliomielite e por iso non puido ser mariñeiro. Pero o mar soñado será o escenario ...
    No disponible
  • OS PIRATAS
    Titulo del libro
    OS PIRATAS
    Valios I Buñuel, Ignasi
    Xerais
    Son piratas barbudos, piratas ousados e, se hai festa rachada, apúntanse á foliada: son piratas! As aventuras...
    No disponible

    17,50 €

  • SOñOS. ARQUIVOS. CARTAS
    Titulo del libro
    SOñOS. ARQUIVOS. CARTAS
    Nº 55
    Cebreiro, María do
    Xerais
    " Soños. Arquivos. Cartas " é unha obra experimental e aberta que entra en diálogo co diario poét...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    14,50 €

  • Os tres amigos
    Titulo del libro
    Os tres amigos
    Heine, Helme
    Xerais
    "No mundo hai moitas granxas, pero ningunha é como Mulebap. Mulebap é grande, tan grande que nela hai lugar p...
    No disponible

    8,85 €

  • (11).CADERNO LINGUA GALEGA 1º.ESO (XERAIS)
    Titulo del libro
    (11).CADERNO LINGUA GALEGA 1º.ESO (XERAIS)
    Orizales Orizales, Emiliano;López Martínez, Pilar
    Xerais
    No disponible

    10,50 €