Pensa nao

Pensa nao

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483024676
Año de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-8302-467-6
Páginas:
192
Encuadernación:
RUSTICA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
145
Alto:
220
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)
Colección:
NARRATIVA

20,50 €

IVA incluido
Comprar

En Pensa nao Anxo Angueira recrea a biografía colectiva de Sernanselle  o espacio ficcional que lle é propio. Sernanselle, aldea de Dodro Vello desde a que se enxergan as Brañas de Laíño e o río Ulla navegado  por dornas e balandros, enchendo e devalando coas marés da Arousa. Pensa nao é a historia dos seus habitantes nos anos da República, onde  a modernización e dinamismo do mundo labrego, a traxedia da emigración, os seculares traballos comunais, a paisaxe e o amor se funden nun expresivo mosaico de beleza que acabou por ser esmagado co alzamento fascista. Narrada cunha lingua riquísima e viva e nun estilo  inusitadamente épico, Pensa nao é a metáfora dunha Galicia aberta e en marcha, que onte e hoxe se adapta e resiste na dura travesía en procura da súa supervivencia cultural e política.Para Marianela Alvarez Carregal, membro do xurado de lectores que outorgou o Premio Xerais, "Pensa nao resulta ser unha das obras máis atraíntes publicada  no noso idioma nos últimos tempos porque presenta tamén un gran acerto na utilización do dialecto da zona, nas formas verbais e outras  características fonéticas que dan vida, cor e verosimilitude á obra. Pero, por riba de todas estas virtudes, o grande valor da obra é presentarnos unha Galicia rural incardinada na modernidade, no progreso; así, vemos unha comunidade rural interesada na racionalización do campo e na súa industrialización, da man dos seus elementos máis progresistas (comunistas, anarquistas, republicáns), pero tamén de elementos máis tradicionais (asociacións católicas, indianos, señoritos) que atopan un punto común na súa actuación para conseguir que en Sernanselle, a aldea rusa, se rompa o tópico, do atraso do campo, tanto no plano técnico como no ideolóxico. Por fin temos a novela de aldea pola que algúns lectores estabamos a agardar: nela preséntase non unha Galicia ruralizante e choromica, senón unha Galicia resistente, loitadora, e, por suposto, reprimida brutalmente".

Otros libros del autor en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • Rosalía 21
    Titulo del libro
    Rosalía 21
    Angueira, Anxo
    Xerais
    O proxecto Rosalía 21, promovido pola Dirección Xeral de Creación e Promoción Cultural e coordinado por Anx...
    No disponible

    24,25 €

  • Palmeiras, piueiros
    Titulo del libro
    Palmeiras, piueiros
    Nº 6
    Angueira, Anxo
    Chan da polvora
    Si hubiera que efectuar una evaluacion general a grandes rasgos de los  Padres de la Iglesia, podriamos dividir...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    19,00 €

  • REXURDIMIENTO: A PALABRA E A IDEA
    Titulo del libro
    REXURDIMIENTO: A PALABRA E A IDEA
    Angueira, Anxo
    Xerais
    «Rexurdimento: a palabra e a idea» repensa e cuestiona o modelo historiográfico vixente que se lle vén apli...
    No disponible
  • CON POLVORA E MAGNOLIAS.(GUIA DE LECTURA) CUMGUIA
    Titulo del libro
    CON POLVORA E MAGNOLIAS.(GUIA DE LECTURA) CUMGUIA
    Angueira, Anxo
    Cumio (descatalogados)
    No disponible

    4,50 €

  • Iria
    Titulo del libro
    Iria
    Angueira, Anxo
    Xerais
    Continuando no ronsel de Pensa nao, esta nova novela de Anxo Angueira lévanos agora a fins dos sesenta, ós an...
    No disponible

Materia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Xerais en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE