Pioneiros na corrente do Golfo

Pioneiros na corrente do Golfo. A primeira emigración galega a México (1837-1936)

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483026007
ISBN:
978-84-8302-600-7
Páginas:
544
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
UNIVERSITARIA

34,50 €

IVA incluido

Tras a independencia de México, os decretos de expulsión marcaron o punto álxido da descolonización. A partir de 1837 comenzaron a retornar os expulsados e iniciouse unha reemigración de galegos desde Cuba; eran labregos da zafra, mariñeiros que pescaban o guachinango, militares desertores, etc. Desde o último cuarto do século XIX a navegación a vapor, a necesidade e as estratexias familiares embarcaron rumbo as costas mexicanas a pais de familia, rapaces e mociños coa encomenda de que enviasen remesas coas que redimir os foros, ceibarse da parceiría, facer unha casa nova, mercar terras o gando e comer e beber mellor. Entre os grandes pioneiros chegaron á República Mexicana varios polisóns que empezaron a súa andaina como empregados ou vendedores ambulantes. Algúns ' ' fixeron América ' ' ou foron o xermolo da emigración circular, desde  constante ir e vir de cinco xeracións de galegos pola corrente do Golfo, e outros, no retorno, contribuiron á mellora dos lugares de orixe ou investiron os seus aforros na construcción urbana e na industrialización de Galicia.Amais da exhaustiva reconstrucción dalgunhas cadeas migratorias e do tecido asociativo creado polos nosos  emigrantes, Pioneiros na corrente do Golfo mergúllanos nas apaixoantes biografías dun feixe de galegos e galegas, adobadas cunha manchea de fotografías e ilustracións inéditas. Este libro é un canto á vida, á obra e ós soños deses case dous millóns de galegos que, desde a súa impronta heroica e anónima, protagonizaron a grande epopeia do noso pobo que foi a emigración americanas.

Xerais en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • Dicionario de Arte
    Titulo del libro
    Dicionario de Arte
    de Gregorio Fernández, Emilio;Sendín Domínguez, Armando
    Xerais
    O Dicionario de Arte é unha obra de consulta, preparada polos profesores Emilio de Gregorio e Armando Sendín,...
    No disponible

    47,95 €

  • O laboratorio do doutor Nogueira
    Titulo del libro
    O laboratorio do doutor Nogueira
    Fernández Paz, Agustín
    Xerais
    No disponible

    7,60 €

  • La Belle Otero
    Titulo del libro
    La Belle Otero
    Seoane, Luis / Díaz Martínez, Carlos
    Xerais
    Este libro recolle noventa imaxes, a maior parte delas tarxetas postais, sobre Carolina Otero, a Bela Otero, a ...
    No disponible

    46,35 €

  • Guía dos camiños do Eume
    Titulo del libro
    Guía dos camiños do Eume
    Eiroa, Chano
    Xerais
    O río Eume percorre algúns dos ecosistemas máis valiosos e á vez máis ameazados de Galicia. As turbeiras d...
    No disponible

    24,25 €

  • Alma de barro
    Titulo del libro
    Alma de barro
    Prieto, Moncha
    Xerais
    Ao ler «Alma de barro. Relatos da Ribeira Sacra», tiven a impresión de  que apreixaba nas mans un libro dun ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    18,50 €