Teoría do caos

Teoría do caos

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483026946
Materia
LITERATURA CLASICA
ISBN:
978-84-8302-694-6
Idioma:
GALEGO
Ancho:
145
Alto:
220
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
NARRATIVA

Paco, o alcalde de Santorén, unha vila da Costa Morte, sofre un pesadelo pola morte do cabo Agapito, a quen atoparon na corredoira do monte coa cabeza desfeita por tres disparos. Nesa noite, Paco recordaba o que lle dixera Lucía, cando os dous eran militantes dun partido clandestino formado por a penas un cento de revolucionarios: "deixar de ser novo era cifrar as aspiracións dunha vida non en salvar  a Patria, senón en chegar a alcalde dunha vila de segunda". Podería ser certo, pero para este médico, dedicado á actividade política, a vida tampouco lle ía tan mal, despois de pasarse ao partido conservador e a pesar do permanente litixio que mantiña con Pousada, o  alcalde de Mirandela, pola delimitación da extrema entre os dous concellos. Un conflicto que o desacougaba e ao que non era alleo, tampouco, o destino do Monte, ese faro de luz branca, o último paraíso  que quedaba na comarca, onde teimaba en ubicar un vertedoiro para o tratamento dos residuos. Outro feito que o enfronta co seu propio fillo, Antonio " O Roxo", o inquedo estudiante de Físicas, o ecoloxista e líder da oposición veciñal contra o vertedoiro que propón  un plan alternativo de reciclaxe integral. Ademais, Paco mantiña unha  actividade secreta, a da escritura dunha colección de vidas paralelas, vidas de heroes que publica baixo o alcuño de Roi de Neisón  na páxina web do Batallón Literario da Costa da Morte. Vidas como a de Roque Dalton, o comandante Che Guevara ou Rosa Luxemburgo. Paco, sen dúbida, agacha con esas vidas paralelas a súa loita na procura do paraíso.Teoría do caos é a novela de madurez de Marilar Aleixandre, unha das nosas máis importantes narradoras, coidadosamente construída en forma de traxedia clásica e estructurada sobre tres planos que se van intercalando. Novela ambiciosa e aberta propón aos lectores múltiples lecturas do enfrontamento dialéctico de dúas xeracións e a confrontación de formas de entender o xeito de conquistar o paraíso, de recuperar a levidade, de vivir a vida.

Otros libros del autor en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • A compañía clandestina de contrapublicidade
    Antiguo
    Titulo del libro
    A compañía clandestina de contrapublicidade
    Nº 151
    Aleixandre, Marilar
    Galaxia
    DISPONIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    12,80 €

  • A vaca de Fisterrre e a trabe de alcatran
    Titulo del libro
    A vaca de Fisterrre e a trabe de alcatran
    Marilar Aleixandre (Seudónimo), -Jimenez Aliexadre, Mª Pilar
    Tambre-edelvives
    Ó saír da escola, Miro atopa un torque abandonado. Gracias a el chegar á a un mundo que se atopa ó outro la...
    No disponible

    9,10 €

  • A Cabeza de Medusa
    Titulo del libro
    A Cabeza de Medusa
    Aleixandre, Marilar
    Xerais
    Unha festa de disfraces acaba de madrugada nun camiño afastado onde Sofía e Lupe son violadas. Durante os dí...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    14,90 €

  • A expedición do Pacífico
    Titulo del libro
    A expedición do Pacífico
    Aleixandre, Marilar
    Xerais
    A expedición do Pacífico é unha novela de aventuras que conta as peripecias dunha nena de doce anos, Emilia,...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,95 €

  • Dez abellas na laranxeira
    Titulo del libro
    Dez abellas na laranxeira
    Aleixandre, Marilar
    Xerais
    Dez abellas zoan na laranxeira, nove olen o azar, oito asubían contos de amor, sete lamben o zume doce, seis v...
    No disponible

    7,50 €

Materia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Xerais en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • As voces baixas
    Titulo del libro
    As voces baixas
    RIVAS, MANUEL
    Xerais
    Esta obra é unha construción de humor e dor. Unha novela da vida para chorar e rir. Quen son as voces baixas?...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    20,50 €

  • No parque
    Titulo del libro
    No parque
    Zubizarreta Dorronsoro, Patxi
    Xerais
    Aquiles vai ó parque coa súa irmá Raquel, e con Popi, o seu peluche, pero atópase cunha nena impaciente.A n...
    No disponible

    6,80 €

  • HEREDEIROS DA CRUS
    Titulo del libro
    HEREDEIROS DA CRUS
    Díaz Ageitos, Antonio
    Xerais
    Ordes, A Coruña, marzo de 2012. Na vila hai un especial rebumbio. É un  lugar tradicional de marcha nocturna,...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    24,50 €

  • (03).TRASNOSMAXICOS 4 ANOS (COMPLETO)(PELUSIÑA)
    Titulo del libro
    (03).TRASNOSMAXICOS 4 ANOS (COMPLETO)(PELUSIÑA)
    Campuzano Valiente, María Dolores
    Xerais
    No disponible

    65,25 €

  • CAMIÑAR O VIGO VELLO
    Titulo del libro
    CAMIÑAR O VIGO VELLO
    Feijoo, Pedro
    Xerais
    De a cabalo entre os manuais de historia e as guías turísticas, este libro propón un xogo diferente. É cert...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    22,50 €