A cociña de Larpeiros. 150 receitas

A cociña de Larpeiros. 150 receitas

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498652024
Ano de edición:
Materia
GASTRONOM?A
ISBN:
978-84-9865-202-4
Páxinas:
180
Encadernación:
TAPA DURA
lingua:
GALEGO
Ancho:
170
Alto:
200
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

22,60 €

IVE incluído

A riqueza e variedade da cociña tradicional galega é a base da que parte Benigno Campos para elaborar 150 receitas de cociña no seu libro  A cociña de Larpeiros. O popular cociñeiro do programa Larpeiros, da Televisión de Galicia, propón un percorrido saboroso pola cociña galega de sempre, tradicional e sinxela, á que engade unha achega persoal en cada un dos pratos propostos e a recomendación dun viño axeitado para os acompañar. O libro vai precedido dun limiar do escritor Xosé Cermeño e ponlle cabo o epílogo do xornalista Tomás Alonso. O saber culinario de Benigno Campos Melón vénlle de Chapela, o  barrio que une Vigo con Redondela, ao pé da ría, onde medrou entre os  sacos, as latas e os aromas do negocio familiar de ultramarinos, e onde tivo un forno de pan a poucos pasos da súa porta e xogou nunha praia rica en ameixas, berberechos e beretes, lindante con leiras de leitugas e patacas. Logo, Benigno Campos acabou de facerse no Vigo fabril e sindicalista: traballou mirando ao mar para o que miran os estaleiros, as conserveiras, os naseiros, as redeiras, os bateeiros, as mariscadoras. Tal como afirma Xosé Cermeño no prólogo do libro, "Os  receitarios son comunmente lembrados polo nome dos seus autores, máis  que polo seu título. Falamos do Picadillo, ou do Simone Ortega, ou do  Escoffier. Seguramente falaremos no futuro deste libro como o Benigno, o receitario que compilou unha cociña popular, apegada á terra e á memoria". Un libro de receitas que é útil á vez que gorentoso, que pola súa utilidade aproveita para cociñar e tamén aproveita ao padal. O mester da cociña, amais de innovar e experimentar, cómpre que conserve os sabores, texturas e recendos que constitúen a base da memoria gastronómica galega. A que fai lembrar aqueles guisos sólidos, cabais, condimentados con fidelidade aos sabores da infancia e do país. Por esa razón, A cociña de Larpeiros é un libro honesto, no que a cociña propia de Galicia se arrequenta coa doutras tradicións foráneas.
 Velaquí unha selección de receitas que Benigno Campos nos presenta tentando cubrir a demanda dun gran número de seguidores do programa da  Televisión de Galicia, "Larpeiros".

Outros libros do autor en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Materia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Galaxia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • Repensar a teoloxía, recuperar o cristianismo
    Titulo del libro
    Repensar a teoloxía, recuperar o cristianismo
    Vv.A.A.
    Galaxia
    Este libro colectivo responde á intención de homenaxear o teólogo e filósofo Andrés Torres Queiruga por un...
    No disponible
  • Corazón de manteiga
    Titulo del libro
    Corazón de manteiga
    Nº 417
    Queipo, Xavier
    Galaxia
    Mauro goza dunha nenez fantástica, inzada de soños, vive logo unha mocidade de dúbidas e desterro interior p...
    No disponible
  • Nós
    Titulo del libro
    Nós
    Castelao, Alfonso
    Galaxia
    A colección recóllese nun álbum editado a iniciativa dun grupo de amigos de Castelao e sufragado por estes, ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    29,80 €

  • O reino ideal
    Titulo del libro
    O reino ideal
    Mouriño, Miguel Anxo
    Galaxia
    A vida de Antía dá un xiro cando seus pais se separan e se ve obrigada  a cambiar non só de colexio senón t...
    No disponible
  • O voto emigrante
    Titulo del libro
    O voto emigrante
    Lugilde Pardo, Anxo
    Galaxia
    Hai unha Galicia que vive fóra das nosas fronteiras e que tamén existe. ¿Que dereitos políticos podemos con...
    No disponible