A cor do ceo

A cor do ceo

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483024133
ISBN:
978-84-8302-413-3
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
LITERARIAS SINGULARES

20,60 €

IVE incluído

A cor do ceo (un libro e un CD audio) Braxe ofrece unha das creacións máis insólitas do panorama literario galego.Un libro de relatos, de aventuras cuspidas por unha melancolía activa e vitalista. Relatos que  son unha travesía polas calores do Trópico, polo mar onde se encontran as almas, pola sinfonía dun novo mundo, para rematar en "Galicia, mon amour". No CD recóllese a dramatización dalgúns dos relatos, a cargo dun longo plantel de actores galegos. Os textos de Braxe nas voces de Tuto Vázquez, Rosa Alvarez, Miguel Pernas, Antonio F. Simón, Xavier Estévez, Flor Maceiras, Laura Sarasola, Gonzalo M. Uriarte, María Bouzas, Manuel Rivas, Víctor Lorenzo e Nazah e Sanaila Braxe.Para Manuel Rivas, autor do prólogo do libro "¡Isto é literatura! Da boa. E vida. Ou sexa, a vida que merece, que transcende  a vidiña. O que ofrece Lino Braxe en A cor do ceo é unha creación insólita no panorama literario galego. Este é o libro dun corsario. O caderno de bitácora dun escritor súbdito de nada e mais de ninguén. Comprometido, iso si, cos alalás dos solitarios, cos aturuxos do pobo que elixiu o lugar dun exilio antes que o deslugar da rendición. Estes relatos emocionan, conmoven, e, sobre todo, animan. Fan soltar as amarras que nos teñen suxeitos ao norai enferruxado da rutina, do conformismo e do peirao das trapalladas prescindibles. Unha crenza antiga fala de que as nosas almas, cando ceibes, toman a forma de dorna e navegan cara ao oeste no luscofusco da vida. Así son os relatos de Lino Braxe. Brincadeiras naves de linguaxe, luz e inesquecibles pezas dun tesouro fisterrán que emergulle xusto no seu momento."

Outros libros do autor en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Xerais en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • Cidades
    Titulo del libro
    Cidades
    Nº 46
    Alonso, Fran
    Xerais
    Recoñecido e unanimamente aplaudido, Cidades converteuse nestes anos nun referente da poesía infantil debido,...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    10,50 €

  • lingua literatura galegas 2ºeso 2016
    Titulo del libro
    lingua literatura galegas 2ºeso 2016
    AA.VV
    Xerais
    No disponible

    49,45 €

  • Andanzas de Xan Farrapeiro
    Titulo del libro
    Andanzas de Xan Farrapeiro
    Caride, Ramón
    Xerais
    Hai moitos, moitos anos, vivía nunha aldea da montaña un home moi pobre, moi pobre, tan pobre que non tiña n...
    No disponible
  • A carreira do salmón
    Titulo del libro
    A carreira do salmón
    De Toro, Suso
    Xerais
    A carreira do salmón é agónica, unha forma de vivir e avanzar coma unha condea. Este libro, escrito con laba...
    No disponible

    21,95 €

  • Paisaxes do baleiro
    Titulo del libro
    Paisaxes do baleiro
    Veiga, Eva
    Xerais
    Unha poética vital, enredada nun proceso de reconstrucción pero tamén de reconstrucción e aínda de destruc...
    No disponible

    14,05 €