A gaita gallega

A gaita gallega

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483029275
Ano de edición:
Materia
LITERATURA CL?SICA
ISBN:
978-84-8302-927-5
Páxinas:
440
Encadernación:
LIBRO EN OTRO FORMATO
lingua:
GALEGO
Ancho:
130
Alto:
190
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
BIBLIOTECA DAS LETRAS GALEGAS

22,95 €

IVE incluído

A gaita gallega tocada polo gaiteiro, ou sea carta de Cristus para ir deprendendo a ler, escribir e falar ben a lengua gallega, e aínda máis  é o primeiro libro en galego -aínda que contén textos en castelán- publicado por un autor da xeración dos Precursores. A gaita gallega foi editada por entregas ao longo do ano 1853 pola imprenta de D. José  y D. Primitivo Vilas de Pontevedra e constitúe o libro fundacional do  Rexurdimento e mesmo a obra programática deste movemento. Estructurada en sete foliadas de extensión desigual, a parte principal  da obra está constituída polo diálogo entre dous personaxes, o tamborileiro Pedro Luces, un mozo de orixe castelá, e o gaiteiro que vive no Burgo pequeno, barrio da cidade de Pontevedra. Por medio deste  diálogo, Pintos amosa, entre outros aspectos, unha descrición fiable da situación económica e social de Galicia, en especial de Pontevedra e do contexto sociolingüístico do idioma, a carón dun conxunto de exhortacións dirixidas á propia sociedade co obxectivo de modificala. O tema central da obra e o seu obxectivo primeiro é a defensa de Galicia e, como consecuencia, a reivindicación e a defensa dos seus costumes, dos seus lugares, das súas xentes e, por suposto, da súa lingua. A crítica aos comportamentos que provocan o estancamento do país, a presentación de alternativas viables para mellorar a situación  ou a simple presentación de argumentos para apoiar esas reprensións públicas son os mecanismos dos que se vale o autor para a consecución da súa finalidade. Pintos artella esta defensa sobre varios eixos temáticos: a descrición e enxalzamento da lingua galega; a análise da situación económica, sobre todo dos labregos, que se presenta como catastrófica; a vida dos emigrantes, presentada como a propia duns escravos modernos cos que se comercia; o mal funcionamento dos distintos órganos da Administración, exemplificado fundamentalmente na  administración da xustiza.

Outros libros do autor en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • A gaita galega
    Titulo del libro
    A gaita galega
    Pintos, Xoan Manuel
    Maxtor editorial
    A Gaita Gallega tocada po lo gaiteiro, ou sea Carta de Cristus para ir  deprendendo a ler, escribir e falar ben...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias..)

    9,00 €

Materia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Xerais en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • Ra e rata
    Titulo del libro
    Ra e rata
    Velthuijs, Max
    Xerais
    No disponible

    6,40 €

  • XEOGRAFIA E HISTORIA 4º.ESO-XERAIS- XER
    Titulo del libro
    XEOGRAFIA E HISTORIA 4º.ESO-XERAIS- XER
    Rozas, Antón
    Xerais
    No disponible

    23,55 €

  • A memoria de Tui
    Titulo del libro
    A memoria de Tui
    Díaz Martínez, Carlos;Cameselle, Roque
    Xerais
    Memoria de Tui, un libro que recolle a memoria gráfica da cidade fronteiriza no primeiro tercio do século XX....
    No disponible

    9,90 €

  • O escaravello de ouro e outros contos
    Titulo del libro
    O escaravello de ouro e outros contos
    Poe, Edgar Allan
    Xerais
    Con sete dos contos máis coñecidos do escritor norteamericano, O escaravello de ouro penetra neses terreos do...
    No disponible

    12,50 €

  • Peixes do mar de Galicia I
    Titulo del libro
    Peixes do mar de Galicia I
    Vázquez, Xavier;Rodríguez Villanueva, Xosé L.
    Xerais
    A cultura do mar pasa, irremediablemente, pola identificación, coñecemento, amor e estudio dos seus principai...
    No disponible

    25,10 €