A integración europea

A integración europea

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483023921
ISBN:
978-84-8302-392-1
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
UNIVERSITARIA

16,00 €

IVE incluído

En 1996 a Comisión Europea confirmoulle á Universidade de Vigo a concesión dun módulo multidisciplinar de introducción á integración europea, que supoñía a súa participación no Proxecto Jean Monnet, que reune a máis de 200 universidades para promover a idea de Europa. Este  módulo foi dispensado por primeira vez no curso 1996-97. Daquela evidenciouse a necesidade dun manual de consulta sobre temas europeos que tivese un enfoque multidisciplinar e en lingua galega. De aí naceu  A integración europea. Un enfoque interdisciplinar, un libro que achega aos estudiantes e a todas as persoas interesadas unha sorte de síntese e crisol de enfoques para o estudio do proceso de construcción  europea.En A integración europea, analízase a evolución da construcción europea desde as pioneiras formulacións para acadar a unidade de Europa, en 1919, ás diferentes modificacións institucionais  que callaron na transformación da Comunidade Económica Europea na UE.Na segunda parte faise un repaso da conformación da estructura orgánica e institucional da Unión Europea, reparando na formación do dereito comunitario e nos seus principios, antes de se deter no estudio do proceso contencioso administrativo.A terceira sección dá conta das claves económicas do proceso de integración e dos seus efectos, para logo debullar as diferentes políticas, económicas e sociais comunitarias, así como as súas formas de financiamento e as avantaxes e problemas da Unión Monetaria.Na derradeira sección analízase a diversidade cultural da Unión Europea e proporciónase unha  visión sintética da riqueza idiomática a través do estudio das once linguas oficiais na Unión Europea.

Xerais en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • Celada
    Titulo del libro
    Celada
    Nº 459
    Piñeiro, Antonio
    Xerais
    Santiago de Compostela, anos setenta. Ferven as revoltas universitarias. Está a piques de rematar unha das red...
    No disponible
  • Mulleres que viven xuntas
    Titulo del libro
    Mulleres que viven xuntas
    Camino, Abril
    Xerais
    En 1955, despois da morte de seu pai, Isabel, que aínda non fixo os dez anos, vese na obriga de marchar para L...
    Próximo lanzamento! Dispoñible dende o 02-10-2025
  • O COCIÑEIRO MARTIÑO
    Titulo del libro
    O COCIÑEIRO MARTIÑO
    LÓPEZ SANTOS, IAGO
    Xerais
    No palacio real andan buscando alguén para traballar nas cociñas. Unha  persoa que saiba guisar, asar e cocer...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    14,50 €

  • Palabras de Caramelo (Galego)
    Titulo del libro
    Palabras de Caramelo (Galego)
    Moure, Gonzalo
    Xerais
    Kori é un neno de oito anos que só recoñece as palabras nos movementos  da boca. Por iso é capaz de saber o...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    10,50 €

  • Comentarios de textos populares e de masas
    Titulo del libro
    Comentarios de textos populares e de masas
    Rodriguez Fer, Claudio / Ed. Lit.
    Xerais
    Claudio Rodríguez Fer reuniu neste libro un conxunto de esclarecedores  comentarios de textos literarios galeg...
    No disponible

    19,20 €