A memoria de Lugo

A memoria de Lugo

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483025932
ISBN:
978-84-8302-593-2
lingua:
GALEGO
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
ALBUM DE POSTAIS

85,30 €

IVE incluído

O conxunto das case duascentas postais circuladas que integran este álbum, todas elas da colección particular de Carlos Díaz Martínez, corresponden aos anos 1900 a 1930 e permiten un achegamento introspectivo a realidade da cidade de Lugo e das vilas máis significativas da provincia, nese periodo: dende a articulación urbana  da cidade da Muralla e o estado dos seus conxuntos monumentais ata detalles estéticos e particulares da vida social e cultural do momento. As terras luguesas pola súa situación foron, a porta de entrada e paso obrigatorio de Galicia. Nos albores do século XX, reflectidas nas imaxes reproducidas neste volume, as terras luguesas amosan unha reticula feita á medida do home (paisaxe de humanidade). Máis a fermosura da paisaxe e do patrimonio histórico non poden agachar a realidade socioeconómica daquel momento: a vixencia do sistema foral, a situación de estancamento e de anomía social dunha provincia, que economicamente vive ao borde da supervivencia, o desprazamento da poboación cara ás cidades e a emigración a América.Estas realidades definirán as produccións fotográficas das tres primeiras décadas do século XX. A primeira parte recolle as vistas xerais da cidade lucense, deténdose, nas vistas da Muralla, algunhas delas practicamente inéditas ata hoxe. O escritor Paco Martín,"Da cidade de Lugo" , propón un paseo pola cidade dende a Praza  da Constitución e o Paseo do Cantón, ata as Prazas de san Domingos e do Campo. Fausto Galdo, "Mariñas e Terras do Norte", evoca a vida das terras mariñás no comezo do século XX, diante das vistas de Viveiro, Celeiro, Ribadeo e Foz. O poeta Manuel María, "De Lugo ó Cantábrico cruzando a Terra Chá", ilustra as postais de Mondoñedo, Vilalba e Guitiriz. O escritor Lois Diéguez ,"Val de Lemos e Terras do Sur", recrea as postais de Monforte, Quiroga, Sárria, Samos e San Clodio. Pecha o volume a traducción dos textos literarios ó castelán e inglés,  así como a catalogación das pezas deste magnífico volume.

Outros libros do autor en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Xerais en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • Heartstopper 4
    Titulo del libro
    Heartstopper 4
    Nº 03
    Oseman, Alice
    Xerais
    O Charlie nunca pensou que el tamén lle puidese gustar ao Nick, mais agora son mozos oficialmente. O Charlie c...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    15,95 €

  • Reckless
    Titulo del libro
    Reckless
    Funke, Cornelia
    Xerais
    Jacob Reckless cometeu un erro: despois de moitos anos de precaución, seu irmán Will cruzou o espello e foi t...
    No disponible

    23,95 €

  • INTR.CIENCIAS POLITICAS (2º.LOGSE) E SOCIOLOXICAS XERCOM
    Titulo del libro
    INTR.CIENCIAS POLITICAS (2º.LOGSE) E SOCIOLOXICAS XERCOM
    Pérez Vérez, Pedro / Otero Couso, Luis
    Xerais
    No disponible

    21,00 €

  • (PROFESOR).MATEMATICAS 4O.ESO (B) .GUIA DIDACTICA
    Titulo del libro
    (PROFESOR).MATEMATICAS 4O.ESO (B) .GUIA DIDACTICA
    Arias Cabezas, José María;Maza Sáez, Ildefonso
    Xerais
    No disponible

    16,94 €

  • Arredor da muller en 18 mundos
    Titulo del libro
    Arredor da muller en 18 mundos
    Heinze, Ursula
    Xerais
    Entrevistei a mulleres de tódalas partes de Galicia.A historia de calquera persoa reflexa moitas veces a propi...
    No disponible

    11,70 €