A memoria de Mondariz-Balneario

A memoria de Mondariz-Balneario

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497820233
Ano de edición:
ISBN:
978-84-9782-023-3
Páxinas:
96
Encadernación:
TAPA DURA
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
ALBUM DE POSTAIS

9,90 €

IVE incluído

O presente álbum de postais, A memoria de Mondariz-Balneario, preparado por Carlos Díaz Martínez, recolle case un cento de postais, mapas, soportes publicitarios, gravados e litografías sobre Mondariz-Balneario, a primeira das vilas termais de Galicia. Un volume  que recolle as series de tarxetaspostais editadas por Hauser y Menet,  Madrid Postal, a editorial Thomas de Barcelona, o prestixioso editor Kisch de Berlín ou as do fotógrafo e editor barcelonés L. Roisin; así como as series editadas polo propio establecemento balneario, que dispoñía de prelo propio, editadas a maior parte delas en francés, co obxecto de darse a coñecer a nivel europeo e mundial, así como para que os seus clientes as utilizasen na correspondencia. O volume recolle, tamén, o valioso traballo documental dos fotógrafos e editores locais como José Faro Blanco, J.G. Baños ou Peral. A colección documental do volume vai precedida dun limiar de Gerardo Alvarez Limeses, extraído da "Geografía General del reino de Galicia",  editada en Barcelona en 1936, onde o polígrafo tudense realiza unha completísima descrición do Mondariz-Balneario dos tempos da IIª República, o concello en extensión máis pequeño de España. No volume preséntase as vistas xerais dispoñíbeis do concello, as construccións máis destacadas da vila, as instalacións do Gran Hotel e das súas dependencias e salóns, as fontes de Gándara e Troncoso, o ambiente de auguistas, as paisaxes do río Tea e do lago das Pías, as pontes de Cernadela e Canta a Ra, así como escenas costumistas de carácter rural. Destaca, tamén, no volume a reproducción de elementos publicitarios do Balneario e da empresas Augas de Mondariz, así como a  dun acción do capital de fundación da Compañía Anónima Tranvía de Mondariz a Vigo de 1915.

Xerais en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • Claro e seguido 1. Comprensión oral
    Titulo del libro
    Claro e seguido 1. Comprensión oral
    Muñoz Saá, Begoña;Sarmiento Macías, María Xesús;Alonso Pintos, Serafín
    Xerais
    "Claro e seguido" é unha proposta metodolóxica para desenvolver as habilidades lingüísticas básicas (escoi...
    No disponible

    13,95 €

  • Crime en Compostela
    Titulo del libro
    Crime en Compostela
    G. Reigosa, Carlos
    Xerais
    Gañadora da primeira edición do Premio Xerais de Novela, "Crime en Compostela" está considerada un fito da l...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    13,95 €

  • Galería de esquecidos de Feliciano Lobelos
    Titulo del libro
    Galería de esquecidos de Feliciano Lobelos
    Vázquez Freire, Miguel
    Xerais
    As esculturas de Ermelinda eran todas pezas dun tamaño semellante, de un metro de alto aproximadamente.Todas r...
    No disponible

    12,25 €

  • Xoaniña de Deus
    Titulo del libro
    Xoaniña de Deus
    Guzmán Falcón, Alba
    Xerais
    Xoaniña estase esquecendo da súa vida, de feito nin tan sequera lembra  o seu nome ou a idade que ten. Ao red...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    15,50 €

  • (04).LENGUA CASTELLANA 1º.PRIM.(PASENIÑO)
    Titulo del libro
    (04).LENGUA CASTELLANA 1º.PRIM.(PASENIÑO)
    Fuentes Zaragoza, María Isabel / Vázquez Pérez, Esther
    Xerais
    No disponible

    22,96 €