A rebelión municipal

A rebelión municipal. Unha esperanza para Galicia

Editorial:
Xerais
EAN:
9788475071848
Ano de edición:
ISBN:
978-84-7507-184-8
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
ENSAIO

18,80 €

IVE incluído

"A rebelión municipal. Unha esperanza para Galicia" é un libro que nace para a reflexión e o cambio. Amosando feitos e cifras reiterativas dificilmente cuestionables. Expoñendo conductas e políticas nas que afloran valores e xeitos de facer colectivos. Espindo outra vez ó municipalismo galego e os trazos básicos que o caracterizan: orzamentos raquíticos, dependencias estructurais, clientelismos múltiples, urbanismo feble ou inexistente, xestión manifestamente mellorable, escaso investimento en capital humano, competencias diminuídas, reducida dimensión política. Por iso este libro de Xoaquín Alvarez Corbacho, conselleiro (Area de Corporacións Locais) do Consello de Contas de Galicia, defende unha tese rotunda, clara, explícita que se pode resumir nos seguintes termos. A agonía do  municipalismo galego é o alto prezo a pagar polo desenvolvemento de estratexias múltiples que os gobernos autonómico e provincial levan a cabo para reproducirse no poder. Son estratexias fundamentadas en mecanismos de subordinación e de rendicións sen fin. Repartindo subvencións e axudas xenerosas con criterios ideolóxicos e incentivando a irresponsabilidade fiscal. En ambos casos redúcese a autonomía política e dánase profundamente a relación democrática. O municipio atrofia así a súa xenuína dimensión político-institucional e  convértese en instrumento electoral ou partidario. A presencia de redes clientelares espalladas ou consolidadas ten na súa institución municipal o derradeiro elo que garante a súa eficacia e funcionalidade.Esta obra é unha guía imprescindible para coñecer os novos vieiros que debe percorrer o novo municipalismo galego. A reforma das facendas locais, os cambio no seu tipo de financiamento e solvencia financieira e no ámbito urbanístico, o desenvolvemento do pacto local son, entre outros, os aspectos que se abordan con claridade e rigor neste libro, especialmente dirixido a todas aquelas persoas vencelladas co municipalismo.

Xerais en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • Algas mariñas de Galicia
    Titulo del libro
    Algas mariñas de Galicia
    González Rodríguez, Concepción;García, Óscar;Míguez, Luis
    Xerais
    Galicia, con máis de 1.600 km de litoral, non pode manterse allea á riqueza que supoñen as algas mariñas, p...
    No disponible

    3,00 €

  • A viaxe de meu pai
    Titulo del libro
    A viaxe de meu pai
    Pereira Bueno, Fernando
    Xerais
    Neste libro recóllense as experiencias e sensacións que deixou escritas o artilleiro Ceferino Pereira de la F...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    22,95 €

  • ONDE ESTÁ NUBEBEBé?
    Titulo del libro
    ONDE ESTÁ NUBEBEBé?
    Fariña, Anxo
    Xerais
    Gliz é un pastor de nubes. Por iso coida moi ben das que viven na súa casa: Nubenai, Nubepai, Nuba, Nubo e Nu...
    No disponible
  • Cando soa a buguina
    Titulo del libro
    Cando soa a buguina
    Rivadulla Corcón, X. H.
    Xerais
    Para Carme, o son da buguina trae do mar a voz do seu pai. Carme ten oito anos e vive en Muxía coa súa famili...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    12,95 €

  • O pobo da noite
    Titulo del libro
    O pobo da noite
    Rivas Barrós, Manuel
    Xerais
    A edición de O pobo da noile, a antoloxía lírica de Manolo Rivas, acompañada dun disco compacto, recibiu a ...
    No disponible

    25,50 €