A VERDADE XURÍDICA, O PENSAMENTO ZOMBI E A TRADICIÓN REPUB
 IBD

A VERDADE XURÍDICA, O PENSAMENTO ZOMBI E A TRADICIÓN REPUB

Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484872948
Ano de edición:
Materia
DEREITO
ISBN:
978-84-8487-294-8
Páxinas:
150
lingua:
GALEGO
Dispoñibilidade:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Colección:
ENSAIO

15,00 €

IVE incluído
Comprar

Ao seu xeito este ensaio é unha viaxe no tempo. Unha viaxe que comeza na Grecia clásica e as súas achegas ao noso mundo: o nacemento do pensamento abstracto, do dereito e do público: un espazo baleiro no centro das súas cidades onde os cidadáns se despoxaban de parte dos seus dereitos que cedían a favor da convención. Tamén nacen os impostos modernos, concibidos como convención e afastados da servidume. Naceu o público, o home aristotélico como ser social e a república cidadá. Hoxe a esfera privada é fustrigada e comprimida polo  público. O teatro grego, onde os cidadáns teñen cómoda visión da escena pública áchase substituído polo Panóptico de Bentham, onde un Grande Irmán observa dende o centro arquitectónico as celas e galerías  onde habitan os privados.
Como Raiola de Cortazar, pode ser lido de principio a fin. Pero tamén pode empezar por ?O Paradoxo de Kaolin?, seguir con ?Emerson, Lake & Pálmer? e volver ao principio. Ou  a Ockham, para descubrir o dereito subxectivo, e de volta a Grecia, á  república cidadá e rematar con Kant: a súa formulación da autonomía privada.
Pero todas as múltiples combinacións posibles para a súa lectura lle devolverán á idade media, despoxado dos seus dereito subxectivos; a séculos da tradición republicana. Se ademais é vostede traballador do naval, socio dun estaleiro ou investidor que axudou á industria naval galega, fágame caso: sáltese o capítulo dedicado ao Sr. Almunia, ?O bordel da estrada?.
Ou léao, pero tómese unha aspirina.

Outros libros do autor en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Materia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Laiovento (ibd) en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • Nazismo e clase obreira (1933-1993)
     IBD
    Titulo del libro
    Nazismo e clase obreira (1933-1993)
    Nº 461
    Fontegher Bologna, Sergio
    Laiovento (ibd)
    En Nazismo e clase obreira 1933-1993, Sergio Fontegher Bologna fálanos  do papel da clase obreira nos anos ant...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    17,95 €

  • Schlumpf, Erwin: Homicidio
     IBD
    Titulo del libro
    Schlumpf, Erwin: Homicidio
    Nº 425
    Glauser, Fiedrich
    Laiovento (ibd)
    O sarxento Studer é unha persoa entrañábel, a quen é moi fácil collerlle cariño, un home moi da súa épo...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    14,96 €

  • Loaira
     IBD
    Titulo del libro
    Loaira
    Anxo A. Rei Ballesteros
    Laiovento (ibd)
    Laiovento orgúllase en publicar Loaira, obra cimeira da literatura galega do S. XX., novela radicalmente polí...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    29,95 €

  • GRAMATICA HISTORICA GALEGA 1 - FONETICA E MORFOSINTAXE
     IBD
    Titulo del libro
    GRAMATICA HISTORICA GALEGA 1 - FONETICA E MORFOSINTAXE
    MANUEL FERREIRO
    Laiovento (ibd)
    O lector ten nas súas mans unha obra que cobre un espazo no panorama editorial galego que desde hai xa ben tem...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    30,00 €

  • MANUEL-ANTONIO. DE CATRO A CATRO
     IBD
    Titulo del libro
    MANUEL-ANTONIO. DE CATRO A CATRO
    Manuel Castelao
    Laiovento (ibd)
    A fascinación desatada pola figura de Manoel Antonio converteunoen  autor moito máis admirado do que lido. No...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    30,00 €