Ana, soror ......

Ana, soror ......

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483028889
Ano de edición:
ISBN:
978-84-8302-888-9
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
PETO

9,30 €

IVE incluído

A serie de Xerais Peto "As Literatas" ofrece unha nova entrega: Ana, soror... unha novela breve, traducida por María Xosé Queizán, na que a  grande escritora francesa Marguerite Yourcenar aborda con inusual profunidade a cuestión do incesto. Ana, soror... é un fermoso e sensible relato que conta a historia de dous irmáns, Ana e Miguel, que  perden a súa nai tras unha longa enfermidade e que quedan unidos para  sempre por unha relación que levarán en secreto deica a morte. Para a  traductora e prologuista do libro, María Xosé Queizán, é sorprendente  a profundidade co que a Yourcenar aborda o tema do incesto, un tema que "é símbolo de todas as paixóns sexuais, tanto máis violentas canto  máis reprimidas, máis castigas e máis ocultas". Na novela de Yourcenar non hai violencia, senón que reborda tenrura, sensualidade, amor. A sensualidade do texto non consegue ser superada polo ambiente relixioso. O marco da Contrarreforma no que se insire, o predominio relixioso, o ascetismo da vida familiar na gris fortaleza onde habitan, contrasta enormemente co esplendor da baía de Nápoles, a exuberancia dos corpos e das froitas, a calor incendiando os corpos, as galopadas de Miguel queren-do superar sobre o cabalo os arrebatos sexuais, a febre, o sangue, incluso o fedor ascenden-te da podremia da  morte. A pesar do entorno virtuoso no que se educan Ana e Miguel, todo o ambiente que crea Marguerite Yourcenar conduce á turbación dos sentidos.Toda a obra transmite o ardor do desexo irrefreable da parella protagonista, esculcando o proceso de incubación do desexo ata  o seu total cumprimento, cómo se lles vai desvelando aos protagonistas, cómo medra nos seus corpos. Para María Xosé Quiezán, paralelamente a temperanza da súa nai Valentina, a autora mostra o arrebatado amor dos seus fillos, ás obsesións de Miguel e ás angustias  de Ana, un armazón de amor e morte de forte sensualidade, exposto coa  elegancia e a perfección habituais nas obras de Marguerite Yourcenar."

Outros libros do autor en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Xerais en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • A rosa de cen follas
    Titulo del libro
    A rosa de cen follas
    Cabanillas, Ramón
    Xerais
    Acaso a variedade temática, a capacidade para producirse en diferentes  rexistros estilísticos, constitúan u...
    No disponible

    11,50 €

  • III Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico
    Titulo del libro
    III Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico
    Ruibal, Rubén;Candelas, César;Carballeira, Paula;Freixeira Ferreira, Eva
    Xerais
    Rubén Ruibal e César Candelas foron os gañadores do IIIº Premio de Teatro Radiofónico "Diario Cultural" da...
    No disponible

    16,40 €

  • Caderno profesorado primaria
    Titulo del libro
    Caderno profesorado primaria
     
    Xerais
    No disponible

    8,35 €

  • O bosque animado
    Titulo del libro
    O bosque animado
    Fernández Flórez, Wenceslao
    Xerais
    O bosque animado é o gran libro da Fraga de Cecebre, situada no concello de Cambre, preto da Coruña. Nestas p...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    14,90 €

  • Case perfecto
    Titulo del libro
    Case perfecto
    Mayoral, Marina
    Xerais
    Un científico famoso morre en circunstancias extrañas, semellantes ás que aparecen nunha novela escrita anos...
    No disponible