As cidades invisibles

As cidades invisibles

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483023150
ISBN:
978-84-8302-315-0
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
NARRATIVA

16,65 €

IVE incluído

Como fixera coa súa triloxía Os nosos antepasados, Italo Calvino xoga en As cidades invisibles a redefinir os mitos, neste caso do emperador  mongol Kublai Khan e o mercader veneciano Marco Polo, aínda que a empresa ten aquí ben máis calado. Non parte Calvino do Libro das marabillas do propio Polo, nin da realidade histórica do século XIII en que viviron estes personaxes. O xeito do noso Cunqueiro, os anacronismos deseñan un tempo imaxinario, indeterminado; o mundo da fábula contemporánea. Neste universo abstracto transcorre unha conversa entre o emperador e o mercader, na que este lle describe a aquel as cidades do seu imperio. Cidades, todas elas con nome de muller, presentadas como metáforas da sociedade e mesmo da existencia,  e observadas cun humanismo por veces irónico. Coma o fresco que adorna o Palazzo Comunale de Siena existe unha simetría sutil entre o bo e o mal goberno, entre a cidade xusta e a inxusta da que fala Calvino.En palabras de Miguel-Anxo Murado, o traductor para o galego desta edición e autor do prólogo, "a sociedade, pero tamén a linguaxe e a imposibilidade de expresar a realidade por medio das palabras, son  as grandes protagonistas deste libro escrito con tanto preciosismo lingüístico. As conversas entre Kublai e Polo están cheas de referencias á necesidade de imaxinar ou evocar antes que á posibilidade de describir. Así xorde outro dos elementos claves do libro: a memoria. A memoria como único patrimonio verdadeiro do ser humano. Un é o que pode lembrar. Esa é toda a bagaxe de Marco Polo, un  humilde estranxeiro, perante do Khan, que sen embargo nada posúe porque descoñece o seu propio imperio. Non se pode ter o que non se sabe". Este libro fermoso, considerado por algúns a creación máis lograda de Calvino, abriu en 1998 a nova liña de traduccións que Xerais ven ofrecendo dentro da súa colección "Narrativa".

Outros libros do autor en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Xerais en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • Granito
    Titulo del libro
    Granito
    Alonso, Álex
    Xerais
    Baseada no famoso crime de Nigrán acontecido en xaneiro de 1994, esta novela de Álex Alonso, galardoada co Pr...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    22,50 €

  • Manual de Lingua Galega I
    Titulo del libro
    Manual de Lingua Galega I
    Granxa González, Xosé Antón;Méndez Álvarez, María Xesús
    Xerais
    O libro estructúrase en seis apartados: I. Fonética e ortografía; II. Determinantes e outras categorías gra...
    No disponible

    20,95 €

  • Rotas de bicicleta de montaña
    Titulo del libro
    Rotas de bicicleta de montaña
    Castaño, Xosé M.
    Xerais
    Rotas de bicicleta de montaña abre unta nova vía dentro do noso panorama editorial. Por primeira vez, o mundo...
    No disponible

    3,00 €

  • (G).(06).LECTOESCRITURA 2 ANOS (TRASNOS MAXICOS)
    Titulo del libro
    (G).(06).LECTOESCRITURA 2 ANOS (TRASNOS MAXICOS)
    Campuzano Valiente, María Dolores
    Xerais
    No disponible

    7,35 €

  • Zoom
    Titulo del libro
    Zoom
    D. Veiga, Ramón
    Xerais
    Ramón D. Veiga pídelles a dez fotógrafas e fotógrafos galegos (algún só afeccionado á fotografía) que l...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    17,95 €