As últimas galerías

As últimas galerías

Nº:
337
Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498656190
Ano de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-9865-619-0
Páxinas:
404
Encadernación:
LIBRO EN OTRO FORMATO
lingua:
GALEGO
Ancho:
135
Alto:
210
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
LITERARIA

Despois de variadas incursións na literatura infantil e logo de publicar dous libros memorialísticos, o autor de Vento de sal dá ao prelo esta novela de evocación coa que pescuda nos enigmas do pasado que, como borranchos que van perdendo senso coa distancia, precisan volver a ser decodificados e rescatados desa liña de sombra na que aparentemente parece acabar por ensumirse toda existencia.
 Algunhas das mellores páxinas do Cáccamo prosista atópanse neste relato de ausencias recuperadas e presenzas que se perden nas galerías  últimas da vida. A capacidade descritiva, que no poeta é intuición para os símbolos, no narrador transfórmase en potencia para dramatizar  as situacións, para illar e extraer delas os elos da cadea argumental, a sintaxe narrativa dos momentos e das vivencias ancoradas  nun pasado que a memoria da anciá protagonista case non logra reter.
 O narrador, que simultaneamente é personaxe, debrúzase nas situacións,  pois para Cáccamo, coma para Jean-Paul Sartre, a novela é un teatro de situacións. O relato elabórase a partir dunha indeterminación radical da situación, xa que tanto en Sartre coma en Alvarez Cáccamo, os feitos son irredutibles mais non determinan a existencia. O paradoxo da liberdade, como escribe Sartre, é que "só hai liberdade nunha situación e só hai situación pola liberdade"; a situación caracterízase pola súa continxencia e pola súa ambigüidade. Ao depender da liberdade, a inserción do significado na existencia fai que esta deixe de ser un longo río tranquilo, pois a través do senso a  liberdade quere fixar unha relación co mundo que ha de ser necesariamente indeterminada para dar lugar ao porvir e para producir o mundo. Na novela de Alvarez Cáccamo, esa acción libre sobre o porvir  reconstrúese cara ao pasado, o significado é a verdade que se lles quere escapar entre os dedos aos personaxes e, se cadra, se a novela é  efectiva, tamén se lle ha escapar a quen le. Pois cómpre "conducira [...] vida por onde a levan as horas, sen proxecto, sen peso, sen medo".

Outros libros do autor en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • Praia das furnas
    Titulo del libro
    Praia das furnas
    Alvarez Cáccamo, Xosé María
    Xerais
    No disponible

    5,41 €

  • Memoria de poeta
    Titulo del libro
    Memoria de poeta
    Álvarez Cáccamo, Xosé María
    Galaxia
    Xosé María Alvarez Cáccamo, unha das voces senlleiras da poesía galega  contemporánea, sen cuestionar que ...
    No disponible
  • Vento de sal
    Titulo del libro
    Vento de sal
    Álvarez Cáccamo, Xosé María
    Galaxia
    Xosé María Alvarez Cáccamo realiza o tránsito entre os textos de verbalización elíptica e crebada, en sux...
    No disponible
  • A cazar palabras
    Titulo del libro
    A cazar palabras
    Alvarez Cáccamo, Xosé María / Alvarez Cáccamo, Xosé María
    Kalandraka
    No disponible

    13,00 €

  • Ancoradoiro
    Titulo del libro
    Ancoradoiro
    Alvarez Cáccamo, Xosé María
    Espiral maior, s.l.
    No disponible

Materia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Galaxia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • Viaxe á última revolución
    Titulo del libro
    Viaxe á última revolución
    Nº 349
    Agra Foxo, Xerardo
    Galaxia
    A viaxe que conta este libro comeza o 3 de novembro do ano 2014 en Lavacolla e remata trinta e un días despois...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    23,90 €

  • A era de Lázaro
    Titulo del libro
    A era de Lázaro
    Carballeira, Paula
    Galaxia
    Os mortos non deben volver. Se regresasen, provocarían o caos, a aparición dunha nova era. Velaquí a era de ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    12,50 €

  • A festa no faiado
    Titulo del libro
    A festa no faiado
    Moreno, María Victoria
    Galaxia
    Podería pasar o día enteiro cos ollos pechados, se non fose por Gato. Grazas a Gato, a vida de Uxía é máis...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    11,15 €

  • Ao abeiro da amizade. Epistolario 1926-1976
    Titulo del libro
    Ao abeiro da amizade. Epistolario 1926-1976
    Nº 47
    Otero Pedrayo, Ramón
    Galaxia
    Velaquí a correspondencia entre dúas figuras chave da cultura galega dos anos centrais do século XX: Sebasti...
    No disponible
  • Un soño na bandexa
    Titulo del libro
    Un soño na bandexa
    Lorenzo Corcoba, Mariné
    Galaxia
    Un soño na bandexa é un fermoso soño, ou non? Cóntanos o que pasaría se un día se nos dese por pedir cous...
    No disponible