Así canta Galicia

Así canta Galicia. A Galicia polifónica en dous cambios de século

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483025437
ISBN:
978-84-8302-543-7
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
CRONICA

29,00 €

IVE incluído

As máis de 200 agrupacións corais existentes en Galicia, que agrupan hoxe en día a máis de sete mil persoas, traballadores anónimos e constantes que non regatean esforzos e repiten unha e outra vez nos ensaios ata acadaren o nivel axeitado, son importantes transmisores dun patrimonio cultural musical, insuficientemente valorado e pouco coñecido. Velaí a razón de ser de Así canta Galicia, homenaxear a cada  unha destas agrupacións polifónicas, distribuídas por todo o país, tamén pequenas lumieiras no firmamento cultural de Galicia. Así canta Galicia é o primeiro libro que profundiza na historia e na situación actual das corais, converténdose nunha pequena enciclopedia de consulta obrigada sobre as corais, os orfeóns e os directores das diversas agrupacións existentes en Galicia. Preparado por Nicolás Camino -veterano profesional da Radio Galega, primeira voz en saír ao aire nos micrófonos da emisora autonómica, director dos programas musicais "Asi canta Galicia" e "Concerto popular", e sempre vencellado  ao mundo musical-, o libro complétase cun documentadísimo prólogo do académico Xesus Ferro Ruibal e cun CD que inclúe 19 pezas interpretadas por outras tantas agrupacións. Un documento sonoro, elaborado en boa medida gracias ao arquivo sonoro da Radio Galega, que  constitúe unha magnífica antoloxía da Galicia polifónica en dous cambios de século. Unha obra de referencia para as agrupacións corais e para tódolos afeccionados á música popular.

Xerais en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • Habitar as fendas
    Titulo del libro
    Habitar as fendas
    Mato, Gisele
    Xerais
    «Habitar as fendas» é unha reflexión sobre a vulnerabilidade propia á existencia humana. Interpela a quen ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    12,95 €

  • Trece maneiras de mirar un almanaque
    Titulo del libro
    Trece maneiras de mirar un almanaque
    Mosquera, X.L.
    Xerais
    «Trece maneiras de mirar un almanaque» é o canto do merlo que lles pon  banda sonora aos amenceres da vida d...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    12,95 €

  • Escáner
    Antigo
    Titulo del libro
    Escáner
    Caride, Ramón
    Xerais
    Escritor realista, Caride fai nestes relatos a crónica de sucesos da nosa sociedade, facéndoa dende dentro, p...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    7,90 €

  • Recendos de aire sonoro
    Titulo del libro
    Recendos de aire sonoro
    García Teijeiro, Antonio
    Xerais
    En Recendos de aire sonoro as notas musicais e as palabras danse a man  e camiñan xuntas polos vieiros que tra...
    No disponible

    11,95 €

  • Guía de los caminos del Eume
    Titulo del libro
    Guía de los caminos del Eume
    Eiroa, Chano
    Xerais
    El río Eume recorre algunos de los ecosistemas más valiosos y a su vez  más amenazados de Galicia. Las turbe...
    No disponible

    24,25 €