Catro historias de emigrantes

Catro historias de emigrantes

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498651966
Ano de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-9865-196-6
Páxinas:
210
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
135
Alto:
210
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
MEMORIA

O gran coñecedor do mundo do libro que é Manuel Losa achéganos unha obra sobre a vida de catro galegos na diáspora, distintos entre si pero que teñen unha raíz común. Dous deles, Crestar e Montoya, cunha vinculación moi importante cos centros culturais da súa época. Crestar, actuando ademais en forma destacada no aspecto político. Os outros dous, Martínez e García, emigrantes cunha vida que xirou en torno ao mundo laboral. Dúas das historias contadas nestas páxinas, as de Isidoro García e Eduardo Martínez, desenvólvense a partir da década de 1950. Pola súa banda, as outras dúas, as de Antón Crestar e José Lage, son de época anterior, o primeiro vinculado  co galeguismo, tivo estreita relación con Castelao, Suárez Picallo, Xesús Canabal, Manuel Meilán, Lois Tobío, Alfredo Somoza e outros destacados galeguistas e republicanos, e propiciou unha actividade intensa e de grande relevancia en tempos da Guerra Civil e a posguerra. Participando tamén, de forma sobranceira, na vida artística, parte do libro céntrase na historia do bailarín Xosé Lage, coñecido polo seu nome artístico, Pepe Montoya.
 A través das biografías de catro homes, o autor relata unha parte substancial desa epopea, do destino dos galegos que tiveron que procurar un país de adopción na América do Sur. Velaquí a historia de Antón Crestar Faraldo, Xosé Lage Sierra "Pepe Montoya", Eduardo Martínez Filgueira "O Cañotas" e Isidoro Manuel García García

Outros libros do autor en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Materia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Galaxia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • Herbalúa
    Titulo del libro
    Herbalúa
    Aleixandre, Marilar
    Galaxia
    Helena foi unha noite á Lúa a buscar herba para a súa ovella de trapo...Porque as ovellas de trapo, que son ...
    No disponible
  • FEMINICIDIO
    Titulo del libro
    FEMINICIDIO
    Nº 2
    Adan, Carme
    Galaxia
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    19,70 €

  • Memorias dun ninguén
    Titulo del libro
    Memorias dun ninguén
    Mella, Carlos
    Galaxia
    Contar o pasado para traelo ao presente é o obxectivo de Carlos Mella en Memorias dun ninguén. Desde a senect...
    No disponible
  • Blues para Moraima
    Titulo del libro
    Blues para Moraima
    Nº 359
    Fernández, Miguel Anxo
    Galaxia
    Un cineasta exiliado decide retornar ao país décadas despois de salvar  a vida tras unha fuxida á desesperad...
    No disponible
  • Obras Castelao T.III
    Titulo del libro
    Obras Castelao T.III
    Castelao
    Galaxia
    A edición deste libro supón reunir nun só volume os escritos de carácter político que Castelao espallou en...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    29,15 €