Da natureza de escritores, artistas e vermes

Da natureza de escritores, artistas e vermes

Nº:
76
Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498655322
Ano de edición:
Materia
ENSAIOS
ISBN:
978-84-9865-532-2
Páxinas:
148
Encadernación:
LIBRO EN OTRO FORMATO
lingua:
GALEGO
Ancho:
135
Alto:
210
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
ENSAIO

O ensaio Da natureza de escritores, artistas e vermes xira arredor do traballo. Baixo a categoría de traballo enténdese o proceso polo cal os seres humanos dan sentido ás súas relacións coa natureza e a sociedade; de aí que o traballo sexa creador de relación social. Durán  Medraño, nun atento diálogo con Karl Marx, distingue entre as categorías de traballo produtivo, que é o traballo tal e como aparece suxeito ás relacións capitalistas de produción, e o poder produtivo do  traballo, como aquela actividade que consiste na transformación material da realidade. Fronte ao traballo produtivo, o poder produtivo  do traballo é analizado en canto capacidade humana de negar a relación fixada polo capital. A transformación social que o poder produtivo do traballo comporta, segundo expón Durán Medraño, significa  revolucionar a relación social entre os suxeitos e dos suxeitos coas cousas; é dicir, significa unha construción anovada do cotián. Esta transformación é abordada no ensaio desde tres ángulos diferentes. Dunha parte, analízase a relación cos produtos do traballo como unha relación emocional-sensíbel, tal e como ésta foi teorizada no produtivismo soviético. Doutra vparte, mantense que a relación social,  ou a praxe dos suxeitos, se ten que converter nun acontecer que é continuamente «degustado», e nese sentido faise unha análise do sensualismo materialista do filósofo da Ilustración francesa Denis Diderot. Por último, o ensaio aborda o comunismo radical do artista inglés William Morris, quen sostiña que o traballo debe estar sustentado no libre desenvolvemento das capacidades e inclinacións do ser social, o que incide no desenvolvemento pleno da vida social colectiva desde a perspectiva do traballo como pracer.

Outros libros do autor en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Materia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Galaxia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • Non me deixes nunca
    Titulo del libro
    Non me deixes nunca
    Ishiguro, Kazuo
    Galaxia
    Premio Novela Europea Casino de Santiago 2006Inglaterra, finais do século XX. No medio da idílica paisaxe cam...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    25,00 €

  • Os dez animais
    Titulo del libro
    Os dez animais
    Nº 45
    Cortizas Amado, Antón
    Galaxia
    Cantos dedos tes nas mans?  Cóntaos ben e o saberás.   E como é mellor contalos?  Coa axuda d...
    No disponible
  • Meu pai é ama de casa
    Titulo del libro
    Meu pai é ama de casa
    Ugidos, Silvia
    Galaxia
    Haiche persoas moi distintas e peculiares, e incluso pais que se encargan das tarefas da casa. A diversidade é...
    No disponible

    6,50 €

  • Follas Novas
    Titulo del libro
    Follas Novas
    Castro, Rosalía de
    Galaxia
    No disponible

    6,40 €

  • A retranca. Un intento de clarificación
    Titulo del libro
    A retranca. Un intento de clarificación
    Nº 117
    Caballero, Félix
    Galaxia
    Retranca é hoxe sinónimo de humor galego, mais a retranca, ben mirada,  non é humor nin ironía, nin moito m...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    17,35 €