Diccionario de uso para a comunicación

Diccionario de uso para a comunicación

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483024188
ISBN:
978-84-8302-418-8
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

23,35 €

IVE incluído

Aínda que se define como diccionario de uso, ben pode cumpri-los cometidos dun diccionario de sinónimos ou mesmo dun ideolóxico. A razón de que prevaleza a denominación de uso é debida á intención de proporcionar toda a información que se considere oportuna para o correcto emprego das nosas voces, recorrendo á etimoloxía cando é preciso ou resulta ilustrativo, e disipando aquelas dúbidas que son habituais aínda fóra do ámbito da comunicación.O Diccionario de uso para a comunicación está estructurado en tres partes de dimensións desiguais: a primeira, breve en extensión, dedicada a algunhas dúbidas  e erros consolidados, trata de aclarar certas dúbidas referidas ó significante da palabra (plano da expresión), indicando cal é a súa forma correcta, como referidas ó significado (plano do contido), ou a problemas de carácter morfosintáctico; a segunda ós termos complementarios, parónimos, homónimos e cohipónimos; e a terceira, a máis longa, destinada ó estudio de familias léxicas, familias nocionais ou mesmo semánticas reúne series de termos cun contido semántico próximo. Cada serie vai encabezada por unha especie de palabra clave, que é a que figura como entrada, e o autor explica dunha maneira precisa o significado de cada un destes termos, de maneira que quede perfectamente clara a diferencia de significado existente entre eles.Estamos diante dun traballo cunha finalidade eminentemente práctica, destinado prioritariamente a resolve-las dúbidas máis frecuentes coas que se atopan os traballadores dos medios  de comunicación no desenvolvemento do seu labor, pero ó mesmo tempo non exento en moitos ca-sos dunha fonda erudición lingüística, que leva ó autor a introducir explicacións que facilitan a comprensión da decisión adoptada.Este traballo é un instrumento valioso para a mellora do nivel lingüístico nos medios de comunicación, na dobre vertente do signo lingüístico: na utilización das formas galegas correctas; e, polo outro, na precisión conceptual dos contidos.

Xerais en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • Raquel ten medo
    Titulo del libro
    Raquel ten medo
    Fernández Paz, Agustín
    Xerais
    Cada vez que cre ver un monstro, Raquel esperta a súa irmán Tina. A nova colección "Paseniño" de Xerais, de...
    No disponible
  • A princesa Lúa e o enigma de Kian
    Titulo del libro
    A princesa Lúa e o enigma de Kian
    González Boullosa, Palmira
    Xerais
    A historia que se nos conta neste libro desenvólvese nunha Galicia mítica e comeza presentándonos ó reí Ar...
    No disponible

    8,95 €

  • Claro e seguido 2. Expresión oral
    Titulo del libro
    Claro e seguido 2. Expresión oral
    Muñoz Saá, Begoña;Sarmiento Macías, María Xesús;Alonso Pintos, Serafín
    Xerais
    "Claro e seguido" é unha proposta metodolóxica para desenvolver as habilidades lingüísticas básicas (escoi...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    13,95 €

  • A formiga coxa
    Titulo del libro
    A formiga coxa
    Aleixandre, Marilar
    Xerais
    Unha formiga coxa, unha ra peluda e unha cobra chosca deciden buscar algún lugar onde non sexan menosprezadas ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    9,95 €

  • A lenda do grande inquisidor
    Titulo del libro
    A lenda do grande inquisidor
    Dostoievski, Fiódor M.
    Xerais
    A enorme trascendencia de A Lenda Do Gran Inquisidor vén dada polo xenial tratamento que se fai de cuestións ...
    No disponible

    7,10 €