Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega

Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788482887524
Ano de edición:
Materia
DICIONARIOS, ENCICLOPEDIAS, ATLAS
ISBN:
978-84-8288-752-4
Páxinas:
1328
Encadernación:
TAPA DURA
lingua:
GALEGO
Ancho:
150
Alto:
230
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

15,20 €

IVE incluído

O Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega é un volume de 1328 páx. que contén 8000 entradas. Inclúe 91 cadros nos que  se sintetiza importante información gramatical e que facilitan unha consulta rápida. E o primeiro dicionario galego que ofrece exemplos reais da linguaxe xornalística, literaria e académica dos últimos vinte anos. Este dicionario parte dunha concepción novidosa respecto doutros dicionarios xa existentes, a súa base é a lingua real e as súas indicacións oriéntanse cara á utilidade práctica de todos os que empreguen o galego en calquera ámbito, falado e escrito. Nas súas entradas ofrece solucións razoadas e contrastadas coa norma académica,  cunha explicación práctica da lingua e do seu léxico. O dicionario fornece etimoloxías, sinónimos e palabras afíns, e equivalentes noutras linguas cando é pertinente. Ofrece, por primeira vez na lexicografía galega, exemplos reais de uso da linguaxe xornalística, literaria e académica. Permite orientarse sobre o uso estándar e correcto da lingua e aclara dificultades sobre o uso de neoloxismos, estranxeirismos e impropiedades léxicas. E util para solucionar dúbidas sobre a gramática e a ortografía. Resolve dificultades de pronunciación e dá información sobre cuestións de estilo (puntuación, maiúsculas, siglas, abreviaturas...). Debido a que todas as linguas mudan e é preciso conservar o seu patrimonio e entender os seus cambios e novidades, este dicionario incorpora as últimas modificacións, tanto das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego coma do Vocabulario ortográfico da lingua galega. O dicionario Galaxia de usos e dificultades axuda á corrección e bo uso da lingua e  facilítalles tamén aos usuarios unha consulta rápida e fiable, ao que  contribúen os máis de noventa cadros gramaticais situados a carón da entrada correspondente.

Outros libros do autor en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Materia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Galaxia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • Laura e a randeeira espacial
    Titulo del libro
    Laura e a randeeira espacial
    Nº 54
    Ovalle, Rocío
    Galaxia
    Laura é unha nena forte e curiosa que quere ser astronauta, e ten unha  randeeira coa que cada quen chega tan ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    16,50 €

  • A Cizaña
    Titulo del libro
    A Cizaña
    Goscinny
    Galaxia
    No disponible

    10,80 €

  • A guía fantástica
    Titulo del libro
    A guía fantástica
    Sennell, Joles
    Galaxia
    Todo empeza nunha tenda de trastos vellos, coa compra dun libro antigo. A partir dese momento, ábrese ante o l...
    No disponible

    8,70 €

  • O CIDADÁN PERFECTO
    Titulo del libro
    O CIDADÁN PERFECTO
    Ricart Leal, Raquel
    Galaxia
    No disponible
  • Astérix na terra dos Belgas
    Titulo del libro
    Astérix na terra dos Belgas
    Goscinny
    Galaxia
    No disponible

    11,00 €