Educación e paz III

Educación e paz III. Literatura e paz

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497829281
Ano de edición:
Materia
ENSAIOS
ISBN:
978-84-9782-928-1
Páxinas:
136
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
170
Alto:
240
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
SIN COLECCION

3,00 €

IVE incluído

Durante o ano 2008 celébrase o 25 aniversario de Educadores pola Paz, grupo que forma parte do movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega. Para conmemorar esta efeméride, Xesús R. Jares, desaparecido o pasado mes de setembro, impulsou a publicación dunha triloxía, Educación e Paz, coa intención de que recollese as achegas dos homes e mulleres que, ao longo destes anos, veñen traballando arredor dos obxectivos que promove Educadores pola Paz. Con esta intención naceron os tres libros que constitúen o proxecto, deseñado en colaboración con Edicións Xerais de Galicia. Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz, que recolle textos narrativos e poéticos de autores e autoras galegos inspirados na cultura da paz. Textos que tanto polo seu valor literario como polo seu contido temático, poidan ser utilizados nas aulas para espallar os obxectivos que defende Educadores pola Paz. Participan no volume quince narradores (Rosa Aneiros, Ramón Caride, Fina Casalderrey, Francisco Castro, Xabier P. DoCampo, Agustín Fernández Paz, Jaureguizar, Manuel Lourenzo González, Xosé Miranda, Teresa Moure, Xavier Queipo, María Reimóndez, Manuel Rivas, Anxos Sumai e Suso de Toro) e catorce poetas (An Alfaya, Fran Alonso, Celso Alvarez Cáccamo, Marica Campo, Yolanda Castaño, Marta Dacosta, Antonio  García Teijeiro, Olga Novo, María Xosé Queizán, Román Raña Lama, Daniel Salgado, Xavier Seoane, Xulio L. Valcárcel e Rafa Villar), aos que se engaden os textos creados polos membros do Obradoiro de Lingua Gianni Rodari, vencellados ao movemento de Educadores pola Paz. Os dereitos de autor xerados pola venda deste terceiro volume, editado  como os anteriores por Edicións Xerais de Galicia, destinaranse, a partes iguais, a Amnistía Internacional-España e a Greenpeace-España.

Outros libros do autor en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Materia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Xerais en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE