España e Europa

España e Europa. Do franquismo ao euro

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483027462
Ano de edición:
ISBN:
978-84-8302-746-2
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
UNIVERSITARIA

20,20 €

IVE incluído

Producto da colaboración entre a Universidade de Vigo e a Acción Jean Monnet nace España e Europa. Do franquismo ao euro. Neste libro participan unha serie de profesores universitarios desde distintas especialidades: historia contemporánea, economía aplicada, ciencia política e da administración e socioloxía. Deste xeito ofréceselles aos alumnos e alumnas, e ao público galego en xeral, unha ferramenta útil para informárense sobre o futuro de Europa e para, dalgún modo, participar nun debate sobre as institucións comunitarias co que se pretende fortalecer valores fundamentais como a democracia, a solidariedade ou a tolerancia que forman parte do patrimonio común e do legado histórico de todos os europeos. Así mesmo é tamén unha ferramenta para buscar colectivamente fórmulas que nos permitan conservar os sinais básicos da nosa identidade cultural e ser partícipes dun novo desenvolvemento comunitario máis solidario. Este libro nace nunha desas realidades históricas e culturais que cómpre respectar: Galicia. Por iso se procura que esta nosa realidade específica quede salientada dentro da realidade máis ampla e común que  é España.O coñecemento das institucións europeas, das relacións establecidas entre estas e os gobernos españois -autoritarios e democráticos-, e a análise dos impactos institucionais, normativos, económicos e socioculturais que supuxeron para nós ingresar na Unión Europea, constitúen a cerna esencial de España e Europa. Do franquismo  ao euro, unha obra de indubidable interese académico e cidadán.

Xerais en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • Conversas con Manuel María
    Titulo del libro
    Conversas con Manuel María
    Caño, Xosé Manuel del
    Xerais
    ``O primeiro escritor que coñecín e tratei foi a Luís Pimentel. Tivemos moita intimidade. Era moi cariñoso,...
    No disponible

    12,25 €

  • O trompetista e a lúa
    Titulo del libro
    O trompetista e a lúa
    De Toro, Xelís
    Xerais
    A cidade enteira estaba patas arriba. Todos os músicos e aspirantes a músicos andaban atarefados. Axiña se ...
    No disponible
  • A cidade dos desexos
    Titulo del libro
    A cidade dos desexos
    Fernández Paz, Agustín
    Xerais
    No disponible

    7,00 €

  • Iván, o cabaleiro valente
    Titulo del libro
    Iván, o cabaleiro valente
    Gil Carmen
    Xerais
    Todos os nenos da aula fomos a unha feira medieval. A profe explícanos  como vivían os nenos antes e como xog...
    No disponible

    6,60 €

  • Materia
    Titulo del libro
    Materia
    Castaño, Yolanda
    Xerais
    Legados, relacións e ata proxeccións familiares: velaí a materia da que estamos feitas. Tanto na súa líqui...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    13,50 €