Fin de festa
 IBD

Fin de festa

Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484873587
Ano de edición:
Materia
NOVELA
ISBN:
978-84-8487-358-7
Páxinas:
88
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Colección:
NARRATIVA

10,60 €

IVE incluído
Comprar

Nunca tiven nin auto, nin moto. O máximo que cheguei a
 guiar foi unha bicicleta escangallada, e total para que ó segundo día de estacionala na cidade, uns mangantes me cortaran
 os freos. Tampouco nunca souben aprezar a suposta beleza de
 catro latas brillantes afumando ós sufridos peóns.
 Emporiso teño unha chalana pintada pola man do meu avó
 de branco e vermello; cando era cativa vogueina a carón de
 papá e de padriño. Lembro con estrañeza a lixeireza do remo,
 en aparencia pesado de máis para os meus brazos de nena.
 A min respondíame amorosamente, deslizábase entre as ondas
 como unha culler revirando o leite. A vida das chalanas, de
 case todo animal, é máis curta cá dos humanos e a isa disparidade nunca nos damos afeito. Agora agarda varada no baixo
 da casa, morta coido que non está, pero casi. Eu négome ó
 despece, soméllame que se iría un ser máis da familia.
 As dúas temos o mesmo nome e cando me preguntan quen
 son, nunha íntima brincadeira ante tanta pedantería, eu só fico
 segura de chamarme como a nosa chalana; intúo que esa particular circunstancia garda a cerna remota da miña identidade.
 Os seus chicotes son o cordón umbilical que me mantén firme e
 unida á terra, á orixe, ós ancestros; algún día levarame de volta. Os solitarios, bebedores e vagabundos de ?Fin de Festa? forman
 parte desa mesma identidade, unha intelección do mundo
 tolerante, solidaria, non desde a condescendencia senón desde
 o asombro, admirada do afán por sobrevivir con dignidade.
 Móveme o amor a algo inaprensíbel, o que non me impide a
 denuncia ante a inxustiza e o abuso dos de sempre. Por iso,
 sobre o canto ós ?saudosos? protagonistas do libro, paira tamén
 o mundo das drogas, representado por Susi Arnela, unha rapaza
 que podería ser calquera, cos narcos facendo millóns a conta
 dos máis inxenuos, coa agravante de que as súas vítimas adoito
 son xente nova e por tanto inexperta. Na miña terra levou
 a varias xeracións por diante, transformou en zombis como os
 que Susana soñaba premonitoriamente, o que debera ser unha
 xuventude vigorosa, protestataria, ávida de vida.?
 
 Diana Varela

Outros libros do autor en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • FIN DE FESTA
     IBD
    Titulo del libro
    FIN DE FESTA
    Diana Varela Puñal
    Laiovento (ibd)
    Que será daqueles que non poderán deixar constancia de si? Se do que non se fala non existe, quen ?existe?? N...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    8,00 €

  • Fin de festa
    Titulo del libro
    Fin de festa
    Nº 320
    Varela Puñal, Diana
    Laiovento, s.l.
    No disponible

    8,00 €

  • Fíos
    Titulo del libro
    Fíos
    Varela Puñal, Diana
    Espiral maior, s.l.
    No disponible
  • Arlequino viceversa
    Titulo del libro
    Arlequino viceversa
    Varela Puñal, Diana
    Embora
    No disponible

    10,00 €

  • DIARIO SEN DATAS DUNHA ABORIXE GALEGA
    Titulo del libro
    DIARIO SEN DATAS DUNHA ABORIXE GALEGA
    Nº 370
    Varela Puñal, Diana
    Laiovento, s.l.
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    14,96 €

Materia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Laiovento (ibd) en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • DRAMTRICULAS
     IBD
    Titulo del libro
    DRAMTRICULAS
    Afonso Becerra de Becerrea
    Laiovento (ibd)
    A medio camiño entre un libro de contos e un de poemassitúanse estas partículas. Algunhas dramáticas, outra...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    12,00 €

  • A visión do amor no cancioneiro de Don Denis
     IBD
    Titulo del libro
    A visión do amor no cancioneiro de Don Denis
    Leticia Eirín García
    Laiovento (ibd)
    A visión do amorno cancioneiro de Don DenisEstudo e edición de  33 cantigas de amor.Este libro parte dun corp...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    19,90 €

  • O portugués esquecido
     IBD
    Titulo del libro
    O portugués esquecido
    Nº 42
    Sánchez Rei, Xosé Manuel
    Laiovento (ibd)
    Durante séculos, a oralidade popular das rexións setentrionais de Portugal conservou trazos fonéticos, grama...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    39,95 €

  • Plastic dolls show. Cabaré en clave metaliteraria
     IBD
    Titulo del libro
    Plastic dolls show. Cabaré en clave metaliteraria
    Olivia Pena
    Laiovento (ibd)
    Plastic dolls showCabaré en clave metaliterariaNun cabaré,  a medio camiño entre a realidade e a fantasía, ...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    14,00 €

  • Nazismo e clase obreira (1933-1993)
     IBD
    Titulo del libro
    Nazismo e clase obreira (1933-1993)
    Nº 461
    Fontegher Bologna, Sergio
    Laiovento (ibd)
    En Nazismo e clase obreira 1933-1993, Sergio Fontegher Bologna fálanos  do papel da clase obreira nos anos ant...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    17,95 €