Flor de vento

Flor de vento

Editorial:
Ir indo
EAN:
9788476805992
Ano de edición:
Materia
INFANTIL E XUVENIL
ISBN:
978-84-7680-599-2
Páxinas:
92
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
130
Alto:
200
Dispoñibilidade:
DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)
Colección:
CONTA CONTOS CONTACONTOS

11,00 €

IVE incluído
Comprar

Xiana era unha fermosísima e moi nova flor dun xardín: unha margarida de pétalos azuis salferidos de pequenas pencas de cor laranxa como un capricho da natureza. As outras margaridas tíñanlle envexa. Estaba intrigada polo "globo que dá luz" e polo que podería haber máis alá do  muro. Preguntoulle a unha bolboreta, mais ela estaba contenta entre tantas flores e nunca quixera saír do xardín. A andoriña Trilos contoulle que máis alá o mundo era moi grande, con moitas flores, ríos, montañas e o mar inmenso. E explicoulle que morrer é como o aire  que leva dentro o globo dun rapaz: cando estoura segue existindo mais  non se ve. Co inverno, Trilos marchou e moitas plantas murcharon coa xeada. Ela sobreviviu. Trasladárona para un balcón e un maceteiro, agochada do vento e da choiva. Alí, un vello xeranio explicoulle que non debe ter medo da abella, pois só busca o seu néctar e pole para fabricar o mel, mais si do escaravello, do que os libra a choiva artificial que a dona da casa lles botou por enriba. E comprendeu que a vida é unha morea de sucesos encadeados. Soubo logo que o manto branco de neve se vén no inverno non é malo, pero na primavera mata as  flores, segundo lle explicou o xeranio. Na primavera chegaron novas flores e a andoriña Trilos, que lle explicou o nacemento da vida cando  outra construía un niño no tellado para futuras crías. Viu logo viu ao pimpín facer o seu variado niño, do que o cuco se aproveitou metendo nel a súa cría... E un día que lle ían cambiar a terra do testo, aproveitou para pedirlle á andoriña que a levase con ela. Levouna voando moi alto, até as nubes. Sentiuse unha flor do vento. Pousouna logo nun val, nun oco, e co peteiro encheu as súas raiceiras de terra. A andoriña marchou de novo para Africa, mais cando volveu, atopou outra margarida igual á súa amiga: ela deixara no xardín o seu proxecto dunha nova flor.

Materia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • Robot Franki
    Titulo del libro
    Robot Franki
    Monreal, Violeta
    Anaya
    Franki es un sencillo cuadrado que sueña con convertirse en robot. Para ello cuenta con la ayuda de Luci, que ...
    No disponible

    9,00 €

  • La corte de los milagros
    Titulo del libro
    La corte de los milagros
    Nº 00000
    Grant, Kit
    Alfaguara
    En un París distópico, que mezcla el mundo de Los Miserables con El libro de la selva, Nina Thénardier y su ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias..)

    19,95 €

  • Crimen en los fiordos
    Titulo del libro
    Crimen en los fiordos
    Nº 10
    Stevenson, Steve
    La galera
    Epoca de vacaciones: los primos Mistery disfrutan de un crucero a bordo del King Arthur, un transatlántico de ...
    No disponible
  • Mateo de paseo por el Prado
    Titulo del libro
    Mateo de paseo por el Prado
    Garcia, Marina
    Serres
    PQuién dice que visitar un museo no es divertido Y si una princesa te llevara por los cuadros en una aventura ...
    No disponible

    14,50 €

  • EN BLAI VOL SER BRUIXOT PAL (RODALLETRES)
    Titulo del libro
    EN BLAI VOL SER BRUIXOT PAL (RODALLETRES)
    Nº amp;v Ph
    Moreno Roig, Dolors
    Vicens vives
    No disponible

Ir indo en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE