(G).(08).FILOSOFIA E CIDADANIA 1O.BACHARELATO *EN GALEGO*

(G).(08).FILOSOFIA E CIDADANIA 1O.BACHARELATO *EN GALEGO*

Editorial:
Mc graw hill interamericana
EAN:
9788448169978
ISBN:
978-84-481-6997-8
Páxinas:
320
lingua:
GALEGO
Ancho:
220
Alto:
285
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
1O.BACHILLERATO

41,00 €

IVE incluído

Presentación«Unha viaxe de dúas mil leguas comeza co primeiro paso»Lao  Tsé (século VI a. C.)Atende uns minutos, por favor: estámosche ofrecendo un texto de filosofía e cidadanía. Os nosos primeirospensadores gregos atribuían grande importancia non só á filosofía, senón tamén á educacióndos cidadáns e á súa participación activa na política. Probablemente, a publicación che impresione unpouco, pois o libro parece algo voluminoso e trátase dunha materia nova para ti. Pero non te inquietesdemasiado, pois o teu profesor ou profesora che axudará e, seguindo as súas instrucións, percorreráscon ánimo as sendas das ideas e do pensamento. Isto quizais sexa o máis elevado e nobre de canto ahumanidade concibiu. Sen embargo, o proxecto  resultarache fácil, xa que case nada que valla a pena oé. Para facelo  sinxelo e doado serve calquera, e ti sabes que ningunha persoa debe conformarse con ser«calquera». Pola contra, todo ser humano debe procurar ser el mesmo e, para iso, como podes supor, énecesario realizar algún que outro esforzo.Convidámosche, pois, a iniciar o itinerario da filosofía. Trátase dun camiño entretido e ameno, para oque resultará conveniente dispoñer dun tempero moral case tan elevado  como o dos deportistas, queche permitirá acadar a liberdade e a responsabilidade. Imaxina aos ciclistas nunha carreira por etapas,como  por exemplo, a volta a España. Xunto ás lánguidas e plácidas chairas polas que o pelotón marcharáradiante e compracido, presentaranse tamén  días agrios: vento, chuvia e outras inclemencias climáticas.As veces serán necesarias certas doses de coraxe e valentía para afrontar os temerarios descensose, noutras ocasións, haberá de enfrontarse a empinadas estradas, nas que o ánimo, asfixiado pola fatigae entumecido  polo esforzo, reclamará alivio e empuxarao a reducir o ritmo. Mais o bo ciclista saberesistir, superar os malos momentos e continuar xubiloso cara á meta.Presentámosche, pois, as trece etapas do noso libro, cuxo denominador común é a filosofía e a educacióncidadá. Daraste conta de que no percorrido que trazamos vaise debuxando o desenvolvementodunha actividade reflexiva e crítica que, a partir das achegas das ciencias e doutras disciplinas, presentaante os teus ollos  unha paisaxe acerca do que é o ser humano en todas as súas dimensións. Tras unprimeiro contacto coas propostas éticas da ensinanza obrigatoria, tamén unidas á idea de cidadanía,inicias agora unha aproximación sistemática á filosofía e ao desenvolvemento da cidadanía ao longoda historia. O estudo das dúas grandes dimensións da  racionalidade ?a súa vertente teórica e a súavertente práctica? deixa  paso á consideración dos problemas e preguntas fundamentais que formuloua filosofía ao longo da súa historia. Observarás que todo o libro está impregnado desa razón prácticafilosófica, con redobrados contidos éticos e políticos. A través de todos eles, vaise forxando a idea desacidadanía crítica, libre, tolerante, solidaria, activa e democrática.Ao contrario que os ciclistas da nosa carreira, non estarás obrigado a percorrer todas as etapas, xaque o profesor ou profesora deseñará a ruta máis idónea para ti, seleccionarás os contidos máis axeitadosou que máis che interesen e subministrarache os  avituallamentos necesarios. Pero, claro está,ti tamén terás que esforzarte. Nin o teu profesor ou profesora nin nós podemos pedalear por ti, poloque, en último termo, o verdadeiro traballo correrá da túa  conta. Adiante, polo tanto! Animámosche afacer acopio de espírito deportivo, fincarte nos pedais e esforzarte con optimismo.E, se xorden  dificultades e se che insinúa a tentación de desfalecer, eleva a vista e renova o ánimo,pois mirando cara ao alto descubrirás que a próxima chegada se atopa ao alcance da túa man.Os autores

Outros libros do autor en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • Organización del fútbol formativo: en un cliente élite
    Titulo del libro
    Organización del fútbol formativo: en un cliente élite
    Wanceulen Ferrer, AntonioWanceulen Lozano, MiguelWanceulen Moreno, José F.Wanceulen Moreno, Antonio
    Wanceulen
    Es evidente que la incidencia social y económica alcanzada por el fútbol profesional, ha llevado a los Clubs ...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias..)

    19,00 €

  • De pie o de cabeza
    Titulo del libro
    De pie o de cabeza
    Pérez Lozano, Sonia
    Thule
    Cuando apoyamos las manos en el suelo y levantamos los pies al cielo, el cielo y el suelo y el suelo y el cielo...
    No disponible
  • Las estrellas se ven de noche
    Titulo del libro
    Las estrellas se ven de noche
    Lozano Garrido, Manuel
    Edibesa
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias..)

    8,00 €

  • El Mut de la Campana (N/A)
    Titulo del libro
    El Mut de la Campana (N/A)
    Josep Lozano
    Bromera edicions
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    13,95 €

  • Un niño en la playa
    Titulo del libro
    Un niño en la playa
    Nº 28
    Lozano, Luciano
    Akiara
    Dos niños se encuentran en la playa. Uno es hijo de un pescador local.  El otro, de ojos brillantes y curiosos...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    15,00 €

Mc graw hill interamericana en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE