Galicia, Galicia

Galicia, Galicia

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483024706
ISBN:
978-84-8302-470-6
lingua:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
CRONICA

20,20 €

IVE incluído

Galicia, Galicia recolle a obra xornalística sobre o noso país producida por Manuel Rivas nos dez últimos anos e publicada en El País, La Voz de Galicia e A Nosa Terra. A edición correu a cargo de Xosé Mato Fondo que a organizou nas seguintes series: "O conservador país onde non existen os conservadores" (Premio Fernández Latorre de periodismo); "No mellor país do mundo" (serie publicada en La Voz de Galicia); "Terra Cha, cha, cha, cha" (sobre a viaxe de Manuel Fraga a Cuba); "A Campaña do Ogro" (sobre as eleccións de 1993); "A Campaña do  Botafumeiro" (sobre as eleccións de 1997); "O gaiteiro solitario" (serie publicada en A Nosa Terra); "Toca madeira" (serie publicada en La Voz de Galicia); "O pleonasmo de Don Manuel"; "Oración fúnebra pola  Orquestra do Vento" (texto lido con motivo da homenaxe ós mortos na Guerra Civil, en Tui no pasado mes de agosto).A liberdade é a máis preciosa posesión da imaxinación, dise na significativa cita de Ambrose Bierce que abre este libro. Galicia, Galicia é un exercicio que aúna liberdade, imaxinación e humor as tres mellores lanzadeiras do tear da tradición cultural galega. O estilo de Galicia, Galicia non  é de arroutada senón dunha tranquila sátira enfiada con sutileza ó longo de dez anos de periodismo crítico. A lectura de "No mellor país do mundo", por exemplo, escrita no comezo da xeira Fraga, resulta hoxe  dunha comicidade delirante pero é tamén dunha sorprendente e cumprida  profecía. Manuel Rivas, como un gaiteiro solitario e non en bandada marcial usa a liberdade, a imaxinación e o humor contra a grande maquinaria da chamada Pax Fraguiana: a propaganda. Galicia, Galicia é unha obra histórica e de historia, do presente que aínda vivimos, e que non trata só dun personaxe senón de todo un tempo.

Outros libros do autor en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Xerais en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • Winnipeg
    Titulo del libro
    Winnipeg
    Nº 334
    Puentes Novo, Hixinio
    Xerais
    Co advento das ditaduras morre a liberdade e a poesía. Así aconteceu tamén con aquel poeta chileno que freta...
    No disponible

    20,95 €

  • A coroa de Napoleón
    Titulo del libro
    A coroa de Napoleón
    Jaureguizar
    Xerais
    Tintimán, un rapaz de dezaseis anos arrichado e algo insolente, herdou  do seu pai a paixón por investigar mi...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    14,90 €

  • O estranxeiro
    Titulo del libro
    O estranxeiro
    Alonso, Álex
    Xerais
    Nun dos seus ires e vires polas rúas de Vigo, Manuel María Pereira Nespereira acaba coa vida dun home nos ser...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    17,50 €

  • Desmentindo a primavera
    Titulo del libro
    Desmentindo a primavera
    Aleixandre, Marilar
    Xerais
    "Desmentindo a primavera" pode lerse como a memoria dunha casa, de tantas casas de Galicia, onde o lume estivo ...
    No disponible
  • Katiuskas amarelas
    Titulo del libro
    Katiuskas amarelas
    Mendiguren, Xabier
    Xerais
    Hai tempo que non chove e non podo estrear as botas de auga amarelas que me trouxeron os Reis. Todos os días m...
    No disponible

    6,60 €