Golfaróns de sangue
 IBD

Golfaróns de sangue

Nº:
442
Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484876649
Ano de edición:
Materia
NOVELA
ISBN:
978-84-8487-664-9
Páxinas:
246
lingua:
GALEGO
Dispoñibilidade:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Colección:
Narrativa

24,95 €

IVE incluído
Comprar

O escritor de Caldas de Reis, a través da súa longa actividade na Administración Local, profundiza nos campos de referencia, vencéllase coas situacións contextuais galegas, axeitadas para artellar media ducia de libros de contos e novelas. Este denso corpus narrativo, encetado hai un cuarto de século, coas arreguizadas historias do wolfram, chega arestora ao cumio con Golfaróns de sangue, novela alumeante, cheas de tensións lindeiras, dun tempo de vingas sanguentas  e crimes arrepiantes.
Fariña Jamardo adopta, nesta novela, unha estratexia complexa, anovadora. O discurso diexético artéllase sobre parámetros temporais dispares, e nárrase dende dúas perspectivas básicas. O autor consegue controlar a situación do axente, en doce escenas independentes, representadas cunha perspectiva externa, transmitida con formas verbais da terceira persoa do cronotipo pretérito. No mesmo espazo tópico, fumegante, da vella cociña aldeá, o  derradeiro Xeitoso mantense omnipresente, ao longo da novela. As posturas acougadas, sentado na cadeira, a carón do remol cincento, trócanse nas accións kinésicas de erguerse, acadar a leña para avivecer o fogo, quentar e restregar as mans ateridas, diante das chamas, beber uns grolos de augardente"
Benito Varela Jácome

Materia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Laiovento (ibd) en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • Trajectória de Alfredo Guisado e a sua relação com a Galiza (1910-1921)
     IBD
    Titulo del libro
    Trajectória de Alfredo Guisado e a sua relação com a Galiza (1910-1921)
    Nº 264
    Pazos Justo, Carlos
    Laiovento (ibd)
    264 - TRAJECTORIA DE ALFREDO GUISADO E A SUA RELAÇÃO COM A GALIZA (1910-1921)Neste estudo, Carlos Pazos Justo...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    17,95 €

  • A INVENCIÓN DUN DEUS. XESÚS DE NAZARET
     IBD
    Titulo del libro
    A INVENCIÓN DUN DEUS. XESÚS DE NAZARET
    Xulio López Valcárcel
    Laiovento (ibd)
    A INVENCIÓN DUN DEUS. XESÚS DE NAZARET.I. De predicador a Mesías.Quen foi realmente Xesús de Nazaret?Desvel...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    19,90 €

  • Hamlet
     IBD
    Titulo del libro
    Hamlet
    Nº 429
    Shakespeare, William
    Laiovento (ibd)
    A tráxica historia de Hamlet, príncipe de Dinamarca, de William Shakespeare, é unha obra profunda, complexa ...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    17,95 €

  • ARELAS DE LIBERDADE NA GALIZA
     IBD
    Titulo del libro
    ARELAS DE LIBERDADE NA GALIZA
    Francisco Xavier Redondo Abal
    Laiovento (ibd)
    Nese longo período ditatorial (1936-1976, corenta anos) o franquismo variou as formas de exercer o contro...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    16,90 €

  • G
     IBD
    Titulo del libro
    G
    Diego Cousillas Novo
    Laiovento (ibd)
    GHYJWKGreguería, haiku, caligrama, poesía concreta, soneto visual, poesía tipográfica, experimentación... ...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    14,96 €