Historia da literatura infantil e xuvenil galega

Historia da literatura infantil e xuvenil galega

Editorial:
Xerais
EAN:
9788499148458
Ano de edición:
Materia
LIBROS DE TEXTO
ISBN:
978-84-9914-845-8
Páxinas:
504
Encadernación:
RUSTICA
lingua:
GALEGO
Ancho:
170
Alto:
235
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
XERAIS UNIVERSITARIA

A presente Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega é o resultado dun traballo conxunto no que participa un grupo de profesionais que levan anos vinculadas á investigación neste eido, baixo a coordinación de Blanca-Ana Roig Rechou. A súa principal pretensión é cubrir o baleiro existente ao redor do coñecemento sistemático da produción que se destina ao público lector infantil e xuvenil, na actualidade felizmente canonizada e que conta xa con auténticos clásicos que conviven coas voces que se foron incorporando ao longo dos anos, como reflicte este traballo.
 A partir da organización secuencial en séculos, e seguindo a metodoloxía establecida polas teorías sistémicas e as achegas doutros paradigmas teóricos, os seis capítulos nos que se estrutura o volume van conformando un percorrido historiográfico no que se describen as diferentes etapas existentes na constitución do sistema literario infantil e xuvenil, atendendo aos factores e axentes que propiciaron a  súa conformación e asentamento, e á análise das obras dos xéneros literarios canónicos.
 As investigadoras que realizaron este traballo (Blanca-Ana Roig Rechou, Eulalia Agrelo Costas, Pilar Bendoiro Mariño, Mar Fernández Vázquez, Carmen Ferreira Boo, Isabel Mociño González, Marta Neira Rodríguez e Isabel Soto) están vinculadas ás seguintes iniciativas e institucións que acollen a Literatura Infantil e Xuvenil: o Grupo de Investigación LITER21 «Literatura galega. Literatura Infantil e Xuvenil. Investigacións literarias, artísticas, interculturais e educativas» da USC; a Rede temática de investigación «Las Literaturas Infantiles y Juveniles en el Marco Ibérico e Iberoamericano» (LIJMI); os proxectos «Informes de Literatura» e «Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil» do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades; a Asociación galego-portuguesa de investigación en Literatura Infantil e X/Juvenil ELOS, e a Asociación de investigación en Literatura Infantil e Xuvenil ELOS-Galicia.

Outros libros do autor en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Materia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Xerais en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • A viaxe de gagarín
    Titulo del libro
    A viaxe de gagarín
    Fernández Paz, Agustín
    Xerais
    Doce de abril de 1961: o cosmonauta Iuri Gagarin convértese no primeiro ser humano en viaxar ao espazo exterio...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    20,95 €

  • Un millón de vacas
    Titulo del libro
    Un millón de vacas
    Rivas, Manuel
    Xerais
    No disponible

    6,25 €

  • O caderno de Roque
    Titulo del libro
    O caderno de Roque
    Nº 365
    Taboada, Carlos
    Xerais
    A familia Charabiscas da aldea de Pedrafermosa agarda con impaciencia a chegada do tío Roque, que marchou a pe...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    12,95 €

  • Farsa de Bululú
    Titulo del libro
    Farsa de Bululú
    Manuel María
    Xerais
    O rei Bululú, que leva unha grande cachiporra, semellante á do rei de bastos, entra no salón seguido do Mini...
    No disponible

    14,00 €

  • Cantarolas
    Titulo del libro
    Cantarolas
    Miranda, Anisia / Neira Vilas, Xosé
    Xerais
    Os primeiros doce poemas cos que empeza o libro son da autoría de Anisia Miranda e os vinte restantes de Xosé...
    No disponible

    8,25 €