Irmán Rei Artur

Irmán Rei Artur

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483026069
ISBN:
978-84-8302-606-9
Páxinas:
160
Encadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
lingua:
GALEGO
Ancho:
130
Alto:
210
Dispoñibilidade:
No disponible
Colección:
FORA DE XOGO

Tres relatos curtos que constitúen unha nova invención galega dos temas do ciclo da Táboa Redonda. Tres narracións que completan a vella  historia do rei Artur e os cabaleiros da Táboa Redonda con cadansúa recreación persoal que Carlos G. Reigosa fai dalgún episodio desde unha nova perspectiva moi libre. A primeira, "A tentación de Lanzarote", presenta ó meirande cabaleiro e o máis amigo de Artur na encrucillada de volver, despois dun ano de aventuras polo mundo, a mergullarse de novo nos seus dous sentimentos en radical conflicto: a paixón por Xenebra e a amizade con Artur. Se "A tentación de Lanzarote" libera ó meirande cabaleiro da carga da traición por amor, alumando o perfil máis humano do heroe, o segundo relato, "Amor de Merlín", libera ao meigo de quedar para sempre pechado dentro dun penedo por culpa duhna rapaza tarabela e ingrata da que o vello sabio se namorara. Neste xogo de amor serodio Merlín encarna a eterna disputa entre a sabedoría e a felicidade. E como é vello, sabio, meigo  e fillo do demo, non debía caer víctima dos seus propios feitizos. El  descubriulle as súas artes á moza por amor, pero gardou para si o milagre de renunciar á sabedoría a prol do amor e da felicidade. Tamén, no último relato, "A morte do rei Artur" propón unha lectura nova da fin do mítico monarca bretón. Non estaba ben que Artur perdese  a derradeira batalla, morto a man do seu fillo Mordred. Por iso Reigosa búscalle un final máis digno e cheo de esperanza. De xeito que  Artur, sen o amor e amizade dos que el máis quería (Xenebra, Lanzarote, Galván...), vendo o seu ideal traizoado por culpa da ambición, xa que o mundo de paz e de xustiza que el construira derrúbase nas argalladas da política mentireira, escolle desaparecer con todo aquilo que xustificara a súa vida e agardar tempos mellores para volver e levantalo de novo. E no íntimo desexo do autor, " volverá moi axiña. Porque o mundo cada vez seméllase máis a como era pouco antes de el chegar " .

Outros libros do autor en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Materia en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

Xerais en LIBRERÍA PAPERERÍA MARAXE

  • O tradutor de sombras
    Titulo del libro
    O tradutor de sombras
    Fuentes, Moncha
    Xerais
    Con «O tradutor de sombras», volve a narrativa singular da escritora Moncha Fuentes á actualidade para arras...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    18,50 €

  • Chove nos versos
    Titulo del libro
    Chove nos versos
    García Teijeiro, Antonio
    Xerais
    "Chove nos versos" é un novo poemario de Antonio García Teijeiro dirixido ao público infantil e xuvenil. Art...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    19,95 €

  • (G).(08).LER 2.CARTILLA (PAPAPAPU) (XERAIS)
    Titulo del libro
    (G).(08).LER 2.CARTILLA (PAPAPAPU) (XERAIS)
    Campuzano Valiente, María Dolores
    Xerais
    No disponible

    15,80 €

  • Cemiterio de elefantes
    Titulo del libro
    Cemiterio de elefantes
    Alonso, Francisco
    Xerais
    No disponible

    12,70 €

  • Catro amigos pillabáns
    Titulo del libro
    Catro amigos pillabáns
    Caride, Ramón
    Xerais
    A Manporquiño, Murrigato, Caracol Col e Murrato gustaríalles vivir aventuras como as dos personaxes das pelí...
    DISPOÑIBLE (Entrega en 1-2 dias)

    11,95 €